xoves, 20 out 2005
A área de Participación Cidadá con motivo da celebración do Día Mundial de Internet, desenvolverá unha campaña co nome “ViveVigo” de promoción e divulgación de internet entre os días 21 e 25 de outubro. O proxecto realizase en colaboración coa Asociación de Voluntarios de Internet e as asociacións veciñais “Dr. José Casas”, Bouzas, “Val do Fragoso”, Sampaio e San Miguel de Oia.
xoves, 20 out 2005
Co gallo do centenario da morte de Julio Verne (1828 – 1905), o Concello programa dúas actividades que teñen como fío, por unha parte o uso da palabra e, pola outra, a imaxe en forma de fotografías. As actividades organizadas a través do Arquivo Pacheco e o Verbum serán entre os días 21 ao 23 de outubro nas instalacións do Verbum.
xoves, 20 out 2005
O prazo de inscrición para o cursos "Repuxado en coiro" e "Museos en ruta", da Concellaría da Muller, continúa aberto ata os días 24 e 25 deste mes, respectivamente. A inscrición pode realizarse a través dos teléfonos das asociacións en cuxos locais se desenvolverán estes cursos.
xoves, 20 out 2005
Tomás Calvo, filósofo especialista en Aristóteles, e Carmen Maté, directora de Investigación e Educación do Parque Zoolóxico de Barcelona, pecharán mañá, venres 21 de outubro, as XV Xornadas de Filosofía de Vigo, que desde o martes se veñen desenvolvendo no salón de actos da Fundación CaixaGalicia.