Escoitar

Actividades sobre Xulio Verne no Verbum

Co gallo do centenario da morte de Julio Verne (1828 – 1905), o Concello programa dúas actividades que teñen como fío, por unha parte o uso da palabra e, pola outra, a imaxe en forma de fotografías. As actividades organizadas a través do Arquivo Pacheco e o Verbum serán entre os días 21 ao 23 de outubro nas instalacións do Verbum.

xoves, 20 out 2005
1129805716vernefot.jpg
"Historias de viaxes" é unha actividade de palabras contadas. Catro narradores falarán, arredor da idea de viaxe, de aconteceres, circunstancias anecdóticas ou calquera outro elemento que non nos levará “da terra a lúa” nin nos permitirá, posiblemente, conseguir “a volta ó mundo en oitenta días” pero que, ao mellor, sí nos converte en pasaxeiros dun Nautilus actual. Os “contadores” participantes son Pepo Suevos, Paula Carballeira, Cándido Pazó e Carlos Blanco.

Esta actividade farase no Verbum os días 21, 22 e 23 de outubro co calendario que sigue: venres 21, ás 20,30 h ,Pepo Suevos. Sábado 22, ás 12 h (sesión infantil) Paula Carballeira e ás 20,30 h Cándido Pazó. Domingo 23, 12 h (sesión infantil) Paula Carballeira e as 20 h Carlos Blanco.

"80 fotografías arredor de Verne" é a parte gráfica. Unha escolla de 8 fotógrafos galegos novos traballaron a partir das obras literarias de Verne, do que éstas lles suxerían. Presentan unha carpeta de dez traballos por autor que poderemos ver en forma de exposición, organizada polo Arquivo Pacheco.

Os fotógrafos participantes son: Ramón Vaquero, Javier Albertos, Emilio Cendón, Alexandre Santorio, Jorge Ventosa (Xurxo Ventos), Miguel Calvo (Misha Bies Golas), Emilio Curra e Pablo Fontenla.

Esta exposición inaugurouse no Verbum o día 18 de outubro e permanece aberta ata finais de ano.

A entrada para estes actos é gratuíta.
Descargar todas as imaxes