Curso de dereito penal e muller a través do cine
Concello e Universidade asinaron hoxe un convenio para realizar un curso de extensión universitaria denominado "Dereito penal e muller a través do cine" que terá lugar en Vigo os días 4,11, 18 e 25 de novembro.
O curso contará coa participación de especialistas e investigadores de prestixio en Dereito Penal, así como representantes da carreira xudicial, policial, e de organizacións non gubernamentais.
Os asuntos que se tratarán son os delictos de manipulación xenética; delictos de prostitución; a discriminación da muller inmigrante e a violencia no ámbito familiar. Os temas estarán documentados coa proxección dunha película e o debate da mesma a través dos especialistas sociais.
Así o día 4, data na que se inaugura o curso, proxectarase a película "Gattaca" e a mesa de traballo versará sobre " Biotecnoloxía e xénero. Os delictos de manipulación xenética" . O día 11 a película será "En la puta vida" e se falará dos "Delitos de prostitución: prohibición ou legalización". O día 18 proxectarase a película "Poniente" para ilustrar o tema "A discriminación da muller inmigrante: tráfico ilegal e inmigración clandestina". O curso rematará o día 25 de novembro coa película "Solas" e mesa de traballo será sobre "Violencia do ámbito familiar. Efectos da Lei integral contra a violencia de xénero".
O curso terá lugar no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Descargar todas as imaxes