Inaugurada unha oficina municipal de turismo no paseo de Alfonso
A alcaldesa, Corina Porro, e a concelleira Lucía Molares asistiron hoxe venres á inauguración da Oficina Municipal de Turismo do paseo de Alfonso. O principal obxectivo desta nova oficina será dar información sobre a Volta ao Mundo de Vela aos que visiten Vigo.
Esta Oficina Municipal de Turismo abrirá todos os días, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00. Un informador turístico da Concellaría de Turismo será o encargado de atendela.
Para informar da Volta ao Mundo de Vela, o Concello disporá dun total de sete Oficinas Municipais de Turismo, que informarán o público , ademais de no paseo de Alfonso, na Pedra, nas prazas do Rei, de España nas Travesas, en Príncipe e no porto, oncretamenete a través dunha oficina móvil situada na carpa erixida fronte ao Club Náutico para promocionar a Volvo. Estas oficinas permanecerán abertas ata o 13 de novemebro, excepto a da Pedra, que ten carácter permanente.
Descargar todas as imaxes