Escoitar

Carlos Cotobade Tombo toma posesión do seu cargo como concelleiro polo BNG

Carlos Cotobade Tombo ocupou o seu posto de concelleiro polo BNG, en substitución de Santiago Domínguez Olveira, despois de prometer cumprir o seu cargo no Pleno do Concello celebrado hoxe venres.

venres, 21 out 2005
1129902145cotobade2110.jpg
O novo concelleiro do BNG naceu en Vigo en 1951 e ten un fillo. Formou parte da Corporación Municipal entre 1987 e 1991 por Esquerda Galega e é membro do Consello de Administración do Instituto Municipal dos Deportes desde 1987. Licenciado en Filoloxía, é desde 1991 director do Instituto Manuel Antonio da nosa cidade e representa os directores na Xunta Provincial de Ensino Medio.

Antes de se dedicar ao ensino, Carlos Cotobade Tombo traballou en Telefónica. A súa actividade sindical nesta empresa supuxo o seu desterro a Andalucía en 1975. Ademais, o novo concelleiro foi un dos promotores do movemento veciñal de Vigo. Así, presidiu a Asociación Veciñal Vigo Oeste e participou na constitución da Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao".

Convenio con Miraflores

Por outra parte, o Pleno do Concello aprobou, co voto favorable do PP e a abstención dos restantes grupos, remitir ao Consello Consultivo a nulidade do acordo entre o Concello e Miraflores Vigo, S.A.
Descargar todas as imaxes