Corina Porro presenta as celebracións que terán lugar en Vigo na semana da Volvo
A alcaldesa, Corina Porro, presentou hoxe luns os actos que dentro do programa VIGO5 van ter lugar na nosa cidade para celebrar a saída da Volta ao Mundo a Vela. Estes actos desenvolveranse do 5 ao 12 de novembro no porto, no mar e nas rúas co obxectivo de que todos participen.
O calendario das celebracións do que Corina Porro denominou "a festa de Vigo" terá o mar como común denominador e os seus destinatarios principais serán os cidadáns, "que son o mellor activo de Vigo". Os actos terán tres centros: o porto, o mar e as rúas da cidade.
Así, o porto será escenario de actos institucionais e de animación, en varias carpas onde haberá degustacións, talleres e xogos. Entre tanto, os que queiran surcar o mar poderán facelo a bordo da goleta "Amorina", nave oficial do Concello, que ofrecerá entre os seus servizos festas sen alcool para os novos e rutas turísticas. O día 10 tamén se disputará, como anticipo á saída da Volvo, a regata de exhibición "Trofeo VIGO5", na cal participarán barcos da propia Volta ao Mundo. Ademais, o día 11 e tamén o 12, antes do inicio da competición, os barcos participantes ofrecerán un desfile. A festa nas rúas será amenizada con actuacións musicais, entre outras actividades. Así mesmo, o sábado 5 inauguraranse as obras acometidas no contorno da alameda con motivo deste evento.
O rei Don Xoán Carlos apoiará a Vigo coa súa presenza o sábado 12 de novembro, dándolle o canonazo de saída á Volta ao Mundo a Vela desde o portaavións "Príncipe de Asturias". Ese mesmo día, a patrulla Águila fará unha exhibión. Os barcos participantes na Volvo surcarán as augas da ría acompañados polo son de grupos de gaiteiros que tocarán desde dez puntos da costa do noso municipio, así como desde outros lugares dos concellos veciños.
Corina Porro subliñou o "enorme esforzo" feito polo Concello para que Vigo se abra ao mundo e dea a súa mellor imaxe con motivo da Volvo. Así, lembou as intervencións de carácter urbano e de recuperación da memoria histórica acometidas dentro do proxecto VIGO5. Entre estas últimas están a pérgola de Genaro de la Fuente e a Batalla de Flores. Para Corina Porro, 2005 tiña que ser "o ano do mar", o que explica o ensalzamento da figura de Xulio Verne ou a disputa de eventos náuticos como a regata de trimaráns.
Así mesmo, a alcaldesa fixo un repaso dos actos culturais e de ocio con que o Goberno local procurou aumentar a sona internacional de Vigo ao longo deste ano, como o Festival Internacional de Jazz, a actuación de La Fura dels Baus e a promoción exterior que "como nunca antes" levou a cabo o noso Concello a través das feiras turísticas máis importantes de Europa.