Escoitar

A mostra "Titanic, The Exhibition" estará en Vigo dende o 28 outubro

O Ifevi albergará a exposición sobre o Titanic entre o 28 de outubro ata o 15 de xaneiro de 2006 e que presentou hoxe luns a alcaldesa,Corina Porro xunto co comisario da exposición, Jesús Ferreiro e o reprentante de Caixanova, Guillermo Brea, como entidade patrocinadora.

luns, 24 out 2005
1130154873titanic.jpg
A alcaldesa resaltou o gran esforzo que supuxo traer a exposición nestas datas, pero que este responde á intención do Concello de traer todos os acontecementos relacionados co mar no ano da saída da Volvo e que esta exposición ven completar as actuacións dirixidas á renovación de espazos urbanos e a organización de eventos deportivos, festivos e culturais.

A exposición se compón fundamentalmente de 3 partes: obxectos persoais do barco e dos pasaxeiros, tales como fotos, cartas, xoias, cadeiras, etc, algúns recuperadas do fondo do mar e conservadas mediante técnicas moi avanzadas e outros cedidos polos familiares das víctimas ou dos superviventes; recreacións das instancias do buque, como os camarotes, comedores ou escaleiras; a verdadeira historia do barco, dende a saída ata o naufraxio catro días despois. Esta historia é contada persoalmente a cada visitante mediante uns auriculares e pódese elixir o idioma, incluíndo o castelán e o galego.

O percorrido da visita dura aproximadamente dúas horas é o Ifevi habilitará 2.000 metros cadrados durante os case tres meses de exposición.

A organización estima unha cantidade de entre 150.000 e 200.000 visitantes, cunha colaboración do Concello para que todos os colexios poidan visitala. As entradas de adultos serán de luns a venres de 8 euros adultos e 5 menores; os sábados, domingos e festivos de 10 euros adultos e 6 menores.

A exposición viaxará por outras cidades europeas como Granada, Palermo ou Amsterdam para a súa chegada a Londres no ano do centenario en 2012.
1130154873titanic.jpg
1130154899titanic1.jpg
Descargar todas as imaxes