Amenabar, Kubrick e Ridley Scott centran o ciclo de "cinema de autor"
“Los otros”, o filme de Alejandro Amenabar, proxectarase o vindeiro xoves, día 27, dentro da programación do ciclo “Cinema de autor” que organiza conxuntamente o departamento de Cultura do Concello de Vigo e a Fundación Caixa Galicia.<br /> <br />
O seguinte ciclo está dedicado a Staley Kubrick coa proxección de “Atraco perfecto” ( 3 de novembro) e “Senderos de gloria” ( 10 de novembro). A continuación seguirá o ciclo de Ridley Scott coas seguintes películas: “Tormenta Blanca” ( 24 de novembro), “Gladiator” ( 1 de decembro), “Los impostores” ( 7 de decembro) e “El reino de los cielos” ( 15 de decemebro).
As proxeccións serán todas ás 20 horas na sede da Fundación Caixa Galicia, con entrada gratuíta.
A actividade “Cinema de autor” forma parte do convenio de colaboración que asinaron este ano Caixa Galicia e Concello para a realización de diversos proxectos culturais na cidade de Vigo.
Descargar todas as imaxes