Seguridade, tráfico e transporte
O goberno municipal pide un informe de responsabilidades administrativas das actuacións das forzas do orden público no "Mercado de A Pedra"
mércores, 8 feb 2006O Goberno local pediu un informe ao departamento de Patrimonio do Concello para analizar a relación xurídica que vincula ao Concello coa asociación que xestiona o inmoble denominado "Mercado de A Pedra" e que analice as posibles responsabilidades que poideran derivarse en vía administrativa polas actuacións practicadas polas forzas do orden público o martes neste mercado, onde localizaron ropa falsificada.
Bando sobre a instalación de terrazas con mesas e cadeiras
martes, 7 feb 2006O Concello está a traballar na unificación do mobiliario (mesas e cadeiras) das terrazas dos establecementos hostaleiros das zonas peonís e semipeonís como Montero Ríos e a alameda da praza de Compostela. As normas desta actuación recóllense nun bando que se adxunta a esta noticia.
Os grupos políticos están de acordo en que os novos aparcadoiros teñan tarifación por minutos
martes, 17 xan 2006Os protavoces dos grupos políticos reuníronse hoxe martes para debatiren sobre o prego de condicións e a viabilidade dos novos aparcadoiros, e chegaron ao acordo unánime de que a tarifación destes será por minutos e desde o momento de entrada no párking.
O acordo de disponibilidade horaria mellorou o servizo da Policía Local en 2005
venres, 13 xan 2006O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, e o xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, salientaron os efectos positivos do acordo de disponibilidade horaria sobre os servizos prestados pola Policía Local.
O Concello estuda axilizar a rotación das prazas da ORA usando os últimos avances tecnolóxicos
venres, 30 dec 2005O Concello estuda mellorar o funcionamento da ORA apoiándose nos últimos avances tecnolóxicos. Segundo asegurou o concelleiro José Manuel Figueroa, un novo sistema de control permitirá axilizar a rotación dos vehículos sen incrementar as tarifas e mantendo os postos de traballo dedicados a este servizo.
Doce novos autobuses dotados de rampa electrónica
xoves, 29 dec 2005A cidade conta dende o xoves con 12 novos autobuses de transporte colectivo que pasarán a formar parte da actual flota de Vitrasa integrada por 116 vehículos.Os novos autobuses presentaron nun acto ao que asistiu a alcaldesa Corina Porro.
O Concello aproba a revisión das tarifas dos autotaxis para 2006
luns, 26 dec 2005A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns a revisión das tarifas dos autotaxis para 2006. A baixada de bandeira pasará a custar 2,61 euros e o prezo por cada kilómetro percorrido será de 70 céntimos os días laborables de 06:00 a 22:30.
Presentado o novo sistema de xestión do tráfico de Vigo
mércores, 14 dec 2005O primeiro tenente de alcalde, José Manuel Figueroa, os concelleiros Antonio Coello e José Manuel Iglesias e responsables da empresa Esycsa presentaron hoxe mércores o novo sistema de xestión do tráfico da cidade.