Actuación de tráfico previas á apertura do Centro Comercial Gran Vía
O departamento municipal de Tráfico ven de deseñar as actuacións referentes á circulación de vehículos para os accesos ao novo Centro Comercial que se abrirá proximamente na zona da Gran Vía.

O acceso principal realizarase dende a Baixada ao Castaño mantendo o dobre sentido de circulación con dous carrís ascendentes e un carril descendente. As actuacións de tráfico supoñen ademais semaforizar todo o contorno , urbanizar a rúa do Conde e adecuar un paso peatonal, ademais de instalar cámara de televisión na zona.
Descargar todas as imaxes