Aprobado provisionalmente o Plan Xeral cos votos de PP, BNG e PG
O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) foi aprobado provisionalmente hoxe venres polo Pleno da Corporación, cos votos favorables de PP, BNG e PG. O PSdeG-PSOE votou en contra.
Segundo argumentou o portavoz do PP, José Manuel Figueroa, o novo PXOM mellorará a calidade de vida de todos os vigueses, xerará emprego, facilitará o acceso á vivenda e axudará a protexer o medio ambiente.
Figueroa, quen salientou a contribución dos cidadáns ao Plan Xeral, precisou a continuación os "obxectivos estratéxicos" do documento. Así, o "equilibrio harmónico" entre o medio natural e o desenvolvemento urbano contará co eixo do Lagares como "elemento estruturante", e contempla, ademais, medidas como a recuperación do complexo dunar de Samil e da xunqueira do Vao e a preservación dos montes comúns.
O novo PXOM, afirmou Figueroa, potenciará o transporte público, dotando a Vigo de aparcadoiros disuasorios e unha nova rede viaria con infraestruturas como as autovías ao Porriño e Pontevedra e o cinto litoral.
O portavoz popular asegurou que o Plan Xeral revitalizará os centros urbanos do municipio, integrándoos ao mesmo tempo nunhas áreas periurbanas que verán melloradas as súas dotacións, equipamentos e redes viarias.
Ao "risco de que as nosas empresas marchen", Figueroa contrapuxo os catro millóns de m2 de solo industrial e o dous millóns de m2 de solo para usos terciarios previstos no documento debatido hoxe venres.
Por outra parte, o concelleiro popular referiuse á previsión de 130.000 novas vivendas, o 20% delas protexidas, como a resposta do PXOM á "obriga de que o acceso á vivenda sexa asequible".
Ademais, segundo afirmou José Manuel Figueroa, grazas ao novo Plan Xeral Vigo contará con máis centros deportivos (como a Cidade do Deporte) e culturais (como o Museo da Conserva e o Arqueolóxico), así como máis terreos para a Cidade da Xustiza. A mellora do saneamento e a depuración, xunto coa definición dos sistemas portuario, aeroportuario e ferroviario completan, en opinión do voceiro do Goberno municipal, os beneficios do PXOM, inseridos nunha "visión clara de área metropolitana" que lle permitirá a Vigo "liderar a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal".
En representación do PSdeG-PSOE, Mauricio Ruiz demandou "que o Plan sexa bo ou, se non, corrixido". O concelleiro socialista anunciou a oposición do seu grupo mentres considere que isto non ocorre, baseándose no rexeitamento a cuestións relativas á afección das vivendas, á consideración dos solos, á proposta de modelo de cidade contida no Plan, á valoración de propiedades e ao "exceso" de desenvolvemento residencial.
Neste sentido, Ruiz asegurou que as 130.000 novas vivendas convertirían a Vigo nunha cidade de máis de 600.000 habitantes, polo que "ou sobran vivendas ou faltan habitantes para ocupalas".
Ademais, o representante do PSdeG-PSOE cualificou de "síntoma de rexeitamento" cidadán a presentación dunhas 61.000 alegacións ao PXOM e dixo que a petición de consulta popular avalada por arredor de 21.000 sinaturas "ten que significar algo".
Pola súa parte, o concelleiro do BNG Henrique Viéitez defendeu o novo Plan Xeral sinalando que "esta cidade necesita unha transformación". Segundo afirmou Viéitez, este documento, "froito do debate técnico e político pero, sobre todo, do debate cidadán", achegaralle ao urbanismo vigués a seguridade xurídica necesaria para conseguir os seguintes obxectivos: resolver os problemas de transporte, mellorar o benestar e a calidade de vida, crear emprego (máis de 30.000 novos postos no sector servizos e arredor de 50.000 na industria), facilitar o acceso á vivenda e potenciar o papel de Vigo e da súa área metropolitana como referencia da eurorrexión.
Finalmente, o portavoz do PG, Manoel Soto, valorou como positivas as previsións dunha nova depuradora no porto e de aumento do solo industrial e terciario, pero mostrouse en desacordo con aspectos do PXOM como o crecemento do número de vivendas e a altura destas. Finalmente, Soto decidiu retirar ás súas 11 emendas ao Plan Xeral e votar a favor deste coa condición de poder negociar modificacións posteriores.