xoves, 23 xuñ 2005
O concelleiro de Seguridade, Antonio Coello e o inspector xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, asisten invitados polo alcalde de Madrid aos actos que se celebran con motivo da Festividade do Patrón do Corpo da Policía Municipal, San Juan Bautista , o día 24 de xuño ás 10 horas no Parque do Retiro en Madrid.
mércores, 15 xuñ 2005
Á presentación dos medios materiais cos que contará o servizo, incluída unha nova embarcación doada por Xustiza, asistiu a alcaldesa, Corina Porro. O servizo de vixilancia atenderá ás praias de Samil, O Vao e A Guía, ademais de Teis, en horario de 10 a 21.
xoves, 2 xuñ 2005
Os axentes patrullarán en bicicletas para poder acceder a zonas peatonais e ser respectuosos co medio ambiente. O equipo está composto por 12 axentes e prestarán servizo todos os días da semana en horarios de 7 a 15 horas e de 14 a 22 horas.
luns, 16 mai 2005
O departamento de Tráfico ten previsto realizar traballos de sinalización horizontal en 29 rúas da cidade.Os traballos comezarán o mércores 18 de maio e está previsto que rematen o 15 de xuño.
venres, 22 abr 2005
A Policía Local aumentará o seu control sobre Gran Vía para reducir o número de accidentes nesa rúa. En 2004 rexistráronse en GranVía 175 accidentes, nos que resultaron feridas 115 persoas. A dobre fila, a velocidade inadecuada e a falta de respecto aos semáforos foron as principais causas destes sinistros.
martes, 19 abr 2005
A rápida intervención de dous axentes da Policía de Distrito no acordoamento da zona e o desaloxo previo impediron que houbese que lamentar feridos no accidente, que se produciu pouco despois das nove da mañá. As causas do derrube determinaranse no xulgado de garda unha vez cheguen os informes de urbanismo, bombeiros e da Policía Local.
xoves, 14 abr 2005
A alcaldesa presentou a remodelación que se está a acometer na sala de control de tráfico ampliando espazos para mellorar a eficacia na xestión. Neste senso habilitouse un novo espazo de 125 m2 ao que se trasladaron os sectores dedicados exclusivamente á sinalización horizontal, vertical e delineación. A sala de control de tráfico ten 200 m2 e está dedicada exclusivamente ao control de semaforización e seguridade das vías públicas e dos túneles.<br />
xoves, 31 mar 2005
A finalidade desta nova ordenación da Policía Local é a proximidade ao cidadán e o coñecemento detallado das necesidades de cada distrito.
mércores, 23 mar 2005
A Concellería de Mobilidade e Seguridade modificará o tráfico na rúa Urzáiz, entre Vázquez Varela e Pizarro, na última semana de marzo, se as condicións climatolóxicas permiten terminar o asfaltado dese tramo.
mércores, 23 mar 2005
Dúas novas liñas de Vitrasa entrarán en servizo o vindeiro 29 de marzo para substituír a actual C16. Ademais, a liña ata a Estación de Autobuses ampliarase e a Circular 2ª e a C9B serán modificadas. Outra das remodelacións afectará ao autobús nocturno, que pasará a circular con dúas liñas entre Samil e o centro cunha frecuencia de trinta minutos.