Anuncio

Corte da rúa Manuel Núñez ao tráfico

venres, 11 xuñ 2004

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, estará pechada ao tráfico a rúa Manuel Núñez, con acceso exclusivo para residentes, entre Ecuador e María Berdiales, dende o luns 14 ás 08.00 horas até o sábado 26 de xuño de 2004 ás 20.00 horas
Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Bando

Normas para as fogueiras da noite de San Xoán

venres, 28 mai 2004

As persoas, organizacións ou comunidades que desexan facer unha fogueira e aínda non dispoñan da correspondente autorización deberán solicitala no Rexistro Xeral deste Concello, con cando menos 5 días hábiles de antelación ao evento.Terán que sinalar o lugar elixido así como o nome, enderezo, teléfono e DNI dos/as responsables das organizacións ou comunidades.

Anuncio de Mobilidade e Seguridade

Cambios de tráfico na zona de Urzaiz

luns, 24 mai 2004

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de urbanización na rúa Urzáiz, cortarase o carril descendente desta, no tramo entre Cervantes e República Arxentina, dende mañá, mércores 26 de maio de 2004 ás 00:00 horas, e por un período aproximado de tres semanas.

A Marcha Mundial das Mulleres e a Maratón de Coia impedirán a circulación por boa parte da cidade ata o mediodía do 23 de maio. Para desprazarse ás praias de Vigo se recomenda utilizar a avenida de Beiramar e para as de

A concellería de Mobilidade recomenda non circular polo centro de Vigo o domingo pola mañá

venres, 21 mai 2004

A Concellería de Mobilidade recomenda aos usuarios de vehículos non circular polo centro da cidade o domingo pola mañá. A celebración da Marcha Mundial das Mulleres e a Maratón de Coia provocarán que boa parte da zona centro da cidade, así coma o barrio de Coia, permanezan pechadas ao tráfico e recomendan utilizar itinerarios alternativos.

O Goberno continuará coa súa política de recuperación ou implantación de novos carrís bus noutras rúas da cidade

Entra en funcionamento o carril bus na rúa García Barbón

mércores, 19 mai 2004

O transporte público urbano conta con outro carril bus, que percorre a rúa García Barbón, dende Santiago de Vigo ata Isaac Peral, en sentido Teis, e que entrará en funcionamento a partires de mañá xoves, 20 de maio. Son catro as liñas que circulan por este : C3, C5, 10 e 17.

Peche da rúa Churruca ó tráfico rodado

venres, 14 mai 2004

Ponse en coñecemento do público en xeral que con motivo da desmontaxe dun guindastre de obra pecharase ao tráfico rodado a rúa Churruca, entre as rúas Cervantes e Gravina, o vindeiro domingo 16 de maio, entre as 8.00 e as 16.00 horas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.