venres, 30 abr 2004
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, estará pechado ao tráfico o camiño Carrasqueira (Coruxo), con acceso exclusivo para residentes, nos tramos e datas seguintes:

-entre o número 180 e o número 228, dende o luns 03, ás 08.00 horas, ata o venres 07 de maio, ás 20.00 horas.

-entre o número 228 e a estrada de Canido, dende o luns 10, ás 08.00 horas, ata o venres 14 de maio, ás 20.00 horas.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.
mércores, 7 abr 2004
A Concellería de Mobilidade e Seguridade informa do peche ó tráfico de distintas rúas de Vigo polas que discurrirán as procesións de Semana Santa, así coma dos seus accesos. O peche das rúas se producirá antes do inicio da procesión e se restablecerá ó remate da mesma
venres, 2 abr 2004
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construcción do segundo cinto de Vigo, estarán pechados ao tráfico o camiño de Sanín (San Andrés de Comesaña), entre o camiño do Castro e a estrada do Zondal, e o camiño do Castro entre o camiño Pedra Branca e o camiño de Sanín, dende as 00.00 horas do luns 05 de abril de 2004, por un período aproximado de duas semanas.
venres, 2 abr 2004
Ponse en coñecemento do público en xeral que, por mor das obras de urbanización na rúa Urzáiz, pecharase ao tráfico rodado o sentido de baixada da rúa Cervantes entre Urzáiz e Rogelio Abalde para todo o tráfico, a partir de mañá luns día 05 de abril ás 00,00 horas e por un período aproximado de catro semanas.

venres, 26 mar 2004
A concelleria de Mobilidade e Segruidade comunica a variación de tráfico en varias rúas da cidade por mor de diversas obras na calzada.
mércores, 24 mar 2004
O Goberno municipal puxo en marcha un plan para a rexeneración do contorno urbano para facer fronte á situación de abandono e deterioro que sofre a cidade, e que afecta tanto a aspectos coma a falla de limpeza en xardíns e rúas, o deficiente pavimentado ou o deterioro das beirarrúas. Pero o goberno considera ademais que este plan ten que ir acompañado de medidas firmes e drásticas, que garantan o correcto mantemento da cidade.
mércores, 17 mar 2004
A Área de Mobilidade e Seguridade procederá os próximas días a realizar tarefas de limpeza e pintado nos pasos inferiores da cidade.
sábado, 13 mar 2004
A concellería de Mobilidade e Seguridade pon en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construcción do aparcamento soterrado da rúa Urzáiz, cortarase o carril descendente na rúa Urzáiz, no tramo entre Cervantes e República Arxentina, dende o próximo martes 16 de marzo de 2004 ás 00:00 horas, e ata o martes 23 de marzo ás 24:00 horas.
venres, 12 mar 2004
A cabeceira da manifestación partirá do do cruce da rúa García Barbón con Serafín Avendaño.

Cortarase ó tráfico a partir das 18:00 horas aproximadamente, dende a rotonda de Isaac Peral, García Barbón, Policarpo Sanz, Elduayen, ata o Paso de Alfonso.
luns, 8 mar 2004
O corpo de Bombeiros celebrou hoxe a festividade de San Juan de Dios, o seu patrón, cunha misa solemne no Fogar e Clínica San Rafael, á que seguiu unha exhibición dos vehículos que posúe o corpo e do persoal do servicio ós nenos con discapacidade do centro. O acto contou coa presencia da alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e mailo concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello.