Entra en funcionamento o carril bus na rúa García Barbón <br />
O transporte público urbano conta con outro carril bus, que percorre a rúa García Barbón, dende Santiago de Vigo ata Isaac Peral, en sentido Teis, e que entrará en funcionamento a partires de mañá xoves, 20 de maio. Son catro as liñas que circulan por este : C3, C5, 10 e 17.<br />
O goberno municipal recupera así este carril bus, que deixou de funcionar como tal hai oito anos. A concellería de Mobilidade e Seguridade pintou o novo carril, de 3,5 metros de ancho, con pintura branca regulamentaria e procederá a pintar un zigzag laranxa para sinalizalo
O Goberno decidiu reimplantar este carril reservado ao transporte público, e polo que circulan, ademais de autobuses, taxis e vehículos de emerxencia, para proporcionarlle máis rapidez aos autobuses urbanos e mellorar así a súa competitividade co transporte privado. O goberno vai continuar coa súa política de recuperación e de implantación de novos carrís bus noutras rúas da cidade.