Escoitar

"Clónicas", exposición da Marcha Mundial das Mulleres

A coordinadora da Marcha Mundial das Mulleres inaugura na tarde do día 18 a exposición "Clónicas" na Casa das Artes de Vigo. Esta exposición, que forma parte das actividades previas á mobilización europea do 22 e 23 de maio, estará aberta ate o 20 de xuño.

martes, 18 mai 2004
1084883785logogalego.jpg
A exposición conta coa mostra de corenta artistas de 8 países que achegan a súa visión do mundo a través dun amplo abanico de obras realizadas en distintos materiais como serigrafía sobre papel, collages, fotografías, gravados, técnicas mixta sobre pombo e tela, acrílicos, debuxos a cartoncillo e bronces pintados entre outros. Comisariada por María Falagan, recolle numerosa obra de artistas galegas e estranxeiras de diferentes xeracións poñendo de manifesto a diversidade conceptual das mulleres artistas.

Entre as autoras que participan na exposición está Mónica Alonso, Alice Aycock, Ana Bellido, Natalia Cacharelli, Carmen Calvo.

Marcha Mundial das Mulleres

A Marcha Mundial das Mulleres reclamarán desde Vigo os días 22 e 23 de maio aos gobernos do mundo que reparen nas demandas das mulleres desde a igualdade en todos os ámbitos, dando a prioridade á loita contra a pobreza e a violencia de xénero.

A Marcha Mundial das Mulleres , un movemento que funciona en todo o mundo desde 1995 co fin de defender a igualdade entre as persoas e integrado por máis de 164 países, celebrarse este ano en Vigo, decisión que se tomou co fin de solidarizarse con Galicia tralo accidente do Prestige.

A Marcha , representada nos cinco continentes, dirixe a súas reivindicacións a organismo internacionais como o Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional ou a ONU.

Para a próxima fin de semana están convocadas numerosas actividades que concluirán o domingo día 23 cunha manifestación baixo o lema "Diferentes si, desiguais", que percorrerá as rúas viguesas .

Entre as actividades programadas en Vigo figura un foro sobre asuntos como a ecoloxía, a Constitución europea ou a espiritualidade na muller; unha "Feira feminista" na zona de Beiramar; exposicións, paneis e zonas de encontro que abordarán cuestións como o antimilitarismo, a educación, a saúde,a xuventude ou a inmigración. Os actos tamén contan cun concerto na noite do día 22 no Parque de Castrelos no que actuarán Uxía, Amparanoia, Mercedes Peón, Souad Massi, Cantareiras do Trasancos e Tucanas.
Descargar todas as imaxes