O 18 de maio celebrarase o día Internacional dos Museos
O museo municipal de Vigo "Quiñones de León", súmase dende hai anos a esta iniciativa internacional mostrando aspectos pouco coñecidos do seu traballo e desenvolvendo actividades vencelladas ao tema que se propón cada ano. A edición do 2004 está dedicada ao "patrimonio inmaterial".
O patrimonio inmaterial é o conxunto de creacións da humanidade que non teñen expresión física tanxible e se transmiten, de xeración en xeración, por medio da linguaxe, a música, o teatro, a danza e as actitudes , os xestos, as prácticas, os costumes.
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou as actividades que organiza o Concello para conmemorar o día dos museos que se estenderán do martes día 18 ata o sábado 22 de maio culminando cunha gran chocolatada popular nas praderías de Castrelos. Os actos realízanse conxuntamente coa Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" e a Federación de Asociacións de Veciños " Eduardo Chao".
Programa das actividades
Do martes 18 ó venres 21 haberá actividades para escolares de 4º de primaria ás 10 horas e ás 11h. cos títulos "A cara oculta do museo" que son visitas guiadas polos almacéns, oficinas, obradoiros , restauración do museo presentándolles os propios traballadores o seu que facer cotiá; "De grandes a nenos" persoas maiores da residencia asistida de Bembrive e do barrio da Salgueira explicaran aos nenos e nenas contos, ditos, refráns e historias reais e inventadas da súa nenez e xuventude; "obradoiros de xogos populares" .
As actividades para adultos serán ás 17 horas e ás 20 h e consisten en visitas guiadas por antigos traballadores do pazo e dos xardíns.
O sábado 22 entre ás 17 e as 20 horas están programados xogos tradicionais para os nenos, actuacións de regueifeiros e cantareiras, e ás 18:30 horas unha gran chocolatada popular na pradería do xardín histórico do pazo, recuperando unha vella tradición na que os marqueses , en determinadas épocas do ano como o nadal ou pola primeira comuñón dalgún da parroquia, convidaban aos nenos e nenas da veciñanza a un chocolate.
Descargar todas as imaxes