Escoitar
<br />

Bando polo Día das Letras Galegas

POR ORDE dos corenta e dous guardiáns e gardianas da memoria colectiva rescatados neste Días das Letras Galegas que-malia dictaduras, prohicións e desidias que marcaron cicatrices na alma da nosa paisaxe, souberon pasar o facho desta difícil carreira de relevos.... POR ORDE, tamén, de toda esa xente anónima que, como tesouros mariños, aínda permanecen ocultos no mar do esquecemento, FAISE SABER QUE

venres, 14 mai 2004
1.- Cando don Francisco Fenández del Riego, don Xesús Ferro Couselo e don Manuel Gómez Román presentaron á Academia a proposta desta celebración, fixérono como buscadores de ouro nun río promotedor per revolto, na intención de ir descubríndonos ese metal precioso que é semente e árbore dunha identidade modelada por moitos séculos.
2.- Xa van alá pedriñas dabondo como para que comecemos a nos vestir coas galas máis axeitadas para eventos literarios, científicos, políticos ou mesmo cotiáns.
3.- Non é admisible o pesimismo de cara ao futuro, se este vai acompañado de cómodos brazos caídos. Se "a noite embaza os ollos", tamén ha de bordar un pranto que florece" (M. Antonio)" no rosel do hourizonte brilla o forno onde tempran sen fío as alboradas" L.A. Carballo).
4.- A historia demostrou que o galego é forte coma brazos de mariñeiros e labregos, e non debemos permitir que o mar canse " de acarretar no lombo tantosoño viaxeiro" (Risco).
5.- Se as verbas na fala nai e lonxe da terra, emocionan incluso a quen pretende renegar deste legado, é por algo "quéimame no peito un fogo deamor, que na ausenza medra" (E.Blanco A.)
6.- Para que unha língua soe útil en todos os saberes, sexa doce coma un bico de nai, amable coma unha aperta amiga, de respecto.... ha de saír de voces útiles, doces, tolerantes e respectuosas.
POR TODO ISTO- e para salvagardar os intereses dunha cultura que, coma os licores naturais, é rica en pouso histórico-estímase conveniente e solicítase a valiosa participación de toda a cidadanía, e así esta lingua nai seguirá habitando nos soños de todas as persoas que se senten galegas; polo que convén crear Seminariois Permanentes de Amor ao que pertencemos e nos pertence, a Galicia.
Asemade faise necesario que, despois da desmemoria e da reivindicación, chegue a festa, na que deberemos poñer música a aquelles Cantares gallegos que, no 1963, deron comezo a este práctica. É hora, pois, de aprendermos a letra.
E, EN CONSECUENCIA DISPONSE:
Primeiros-descubrila
Segundo-coñecela
Terceiro-amala
(podéndose alterar a orde establecida)
AS DERIVACIÓNS SANCIONABLES, para quen desestime este bando, agromarándas propias conciencias nas que, a día de hoxe, xa están escritos os valores do que significa sermos galegos; e, se ben non fomos responsables do que aconteceu no pasado, si, serémolo do que suceda despois de nós.
E, EN TODO CASO, calquera resolución que se tome –sempre a favor do dereito e do deber da práctica-non debe afogar a vía do amor ao que se chega polo coñecemento, o díálogo e o talante conciliador no que conviven as palabras con mel. Toda a veciñanza nunha mesma rúa da PAZ da cidade de Vigo, mentres no aire danza a mensaxe dun entregado buscador de ouro. Xoaquín Lorenzo:
"Saúde, meus amigos,
e falade galego",
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento na cidade de Vigo-onda o mar dos trobadores-a 17 de maio de 2004.

Vigo, 17 de maio de 2004
A ALCALDESA,
Corina Porro Martínez


Este Bando foi redactado pola escritora, Fina Casalderrey, con motivo do Día das Letras Galegas.