Escoitar

A compañía de teatro CÁMARA NEGRA de Sevilla pon en escena a obra "Otelo"

Continua a programación do Festival Alternativo de Teatro e Danza coa representación da obra Otelo da compañía Cámara Negra, o venres 14 de maio no Auditorio Municipal ás 21.30 h.

xoves, 13 mai 2004
1084453202camaranegra.jpeg
Sipnose: "Os ciumes de Otelo son un factor de deformación do punto de vista, da manipulación, da corrupción, e da conseguinte desintegración do suxeito ante a crise que lle produce a brutal transformación da realidade que o rodea, o que provoca que xurda a violencia e a tortura sen sentido.
Tanto Otelo coma Desdémona sofren unha confusión enorme cando a súa visión da realidade morre, e síntense impotentes para comprender unha nova. É a loita imposíbel por discernir o bo e o malo, a verdade e a mentira, baixo un punto de vista que se atopa manipulado continuamente, e a violencia que iso xera sobre unha víctima débil e inocente.
A obra non presenta solucións nin respostas, senón interrogantes que deben ser resoltos polos espectadores. Non hai mesmo ningún afán moralista, en Shakespeare non se di "qué se adoita facer ante tal situación".

A dramaturxia e dirección corren a cargo de Carlos Alvarez-Osorio. A música e deseño de son de Francisco José Cuadrado.O vestiario e de Antmuerqse.Xogan : Miguel Angel Karames, Paco Fernández, Verónica Rodríguez.
Descargar todas as imaxes