Os Globetrotters en Vigo
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentaba esta mañá o espectáculo deportivo protagonizado polos Harlem Globetrotters que se celebrará no pavillón de As Travesas o sábado 22 de maio ás 21 horas.
Os Globetrotters, o equipo de color malabaristas do balón, xogan contra os New York National, o equipo branco que os acompaña. O espectáculo é unha mestura de gran baloncesto e humor, no que haberá triples, mates, canastras e moita diversión.
O equipo creouse en 1926 para animar os intermedios dun salón de baile de Chicago. Este ano os Harlem realizan a súa 53 volta ao mundo e o equipo que está de xira no 2004 está repleto de estrelas como Paul Gaffney, pivote cómico; Curley Johnson, driblador, Kris Bruton, con varios anos de experiencia na NBA.