A estrada vella de Madrid estará pechada ao tráfico ata o 1 de xuño polas obras de acondicionamento
A travesía PO-A, a estrada Vella de Madrid, no treito Seminario-Meixoeiro termo municipal de Vigo, no punto kilométrico 0+300 permanecerá pechada ao tráfico dende o martes 11 de maio ata o vindeiro 1 de xuño polas obras de acondicionamento, en concreto a construcción dunha rotonda, que está a executar a Xunta de Galicia. Só poderán circular pola denominada estrada o transporte público e escolar.
As alternativas de tráfico, polo tanto, serán as seguintes:
1.- Os vehículos que circulen por Alcalde Lavadores en dirección á estrada Vella de Madrid serán desviados pola rúa Gandarón
2.- Os que procedan da estrada de Bembrive desviaranse pola estrada de Lameiro
3.- Os que procedan do Meixoeiro serán desviado pola rúa Manuel Álvarez
A Policía Local e os técnicos municipais de tráfico farán un seguimento da obra durante as tres semanas de duración.