Concurso-exposición "día das letras galegas"<br />
A Biblioteca Central acolle desde o día 11 de maio unha exposición conmemorativa do día das letras galegas que se complementa cun concurso no que os participantes terán que identificar a que obra pertencen unha serie de fragmentos significativos seleccionados pola biblioteca con a obra de algúns dos autores festexados ó longo dos anos neste día, e que formarán parte da exposición.
No concurso poderán participar todas aquelas persoas que teñan máis de 14 anos; as papeletas de participación recolleranse na biblioteca e, unha vez cubertas se depositarán nun buzón. As papeletas acertadas entrarán no sorteo dunha serie de agasallos.Consideraránse acertadas as que teñan como máximo 3 erros. As datas de participación son desde o día 11 ó 31 de maio. O sorteo farase o martes día 1 de xuño ás 13 h. Ós premiados avisaráselles por teléfono .
Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua. Este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado ao escritor Xaquín Lorenzo, un investigador con numerosos traballos no eido da etnografía galega.
Descargar todas as imaxes