Escoitar
Anuncio <br />

Participación como beneficiario no proxecto Alicerce

O Proxecto Alicerce é un programa de emprego da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo, posto en marcha no marco da Subvención Global do Fondo Social Europeo.

venres, 7 mai 2004
O seu obxectivo é capacitar e especializar profesionalmente a desempregados/as da cidade (inscritos/as no Servicio Publico de Emprego) no sector de atención a persoas, para acadar a súa inserción laboral, así como facilitar e promover a creación de empresas en dito sector.

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DOS/AS PARTICIPANTES E DATAS
As persoas interesadas en participar no proxecto e que cumpran o perfil indicado, deberán acudir a unha sesión informativa o xoves día 13 de maio as 12,00 horas no Auditorio do Concello de Vigo. Con posterioridade, deberán presentar a solicitude que se facilitará debidamente cumprimentada xunto coa documentación requirida na mesma. No caso de ser emprendedores/as achegarán unha breve descrición do proxecto empresarial.
Das solicitudes presentadas farase unha preselección, para posteriormente convocárselles a realizar unha entrevista persoal a fin de determinar a súa posible incorporación ao proxecto.

INFORMACIÓN E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

Proxecto Alicerce: Avda. Martínez Garrido, 21 int. baixo (36205 Vigo)
Tlf.: 986.26.63.20
Correo electrónico: alicerce@vigo.org
http://emprego.vigo.org
Horario : 8:00 a 14:30 H.
Prazo recollida de solicitudes: ata o 21/05/04