O Goberno remite o PXOM á Xunta de Galicia
O Goberno local remitiu hoxe o documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal á Consellería de Política Territorial. A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria quedou enterada da revisión do PXOM efectuada polo equipo redactor e da remisión do expediente completo do proxecto á Consellería de Política Territorial para que informe.