martes, 4 mai 2004
A compañía Fábrica de Teatro Imaginario de Bilbao coa obra "Yuri Sam" abre a terceira edición Festival Alternativo de Teatro e Danza "Vigo, a outra alternativa" que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural e a asociación Noescafe Teatro. Oito compañías traerán a Vigo, do 5 ó 15 de maio, as súas últimas montaxes realizadas fora dos estereotipos do teatro convencional para darlle paso á experimentación.
martes, 4 mai 2004
O concelleiro de Servicios Xerais, José Manuel Iglesias, participa na comisión temática de cidades portuarias da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico que se desenvolve hoxe nas Palmas de Gran Canaria. No encontro, estudiarase un documento para continuar os traballos de cooperación institucional relativo o "marco xurídicos relacional entre cidades e portos" e a preparación da V Asemblea das Conferencia a celebrara en Nantes no mes de xullo de 2004.
martes, 4 mai 2004
O Verbum-Casa das Palabras inaugura a exposición da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas! "10 anos unidos nas ondas" que conmemora o décimo aniversario da experiencia. A inauguración será o martes, día 4 ás 18 horas e no acto presentarase a Orquestra "Gente que encanta" do Instituto Béradêro chegada do Paraiba-Brasil.
martes, 4 mai 2004
A punto de rematar as clases, miles de nenos e nenas xa teñen un espacio habitual de xogos e compañeiros nas ludotecas das distintas zonas de Vigo. Só hai que achegarse a unha delas e facerse socio con levar unha foto e moitas ganas de aprender e pasalo ben.