José Manuel Iglesias participa na comisión de cidades portuarias que se celebra nas Palmas <br />
O concelleiro de Servicios Xerais, José Manuel Iglesias, participa na comisión temática de cidades portuarias da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico que se desenvolve hoxe nas Palmas de Gran Canaria. No encontro, estudiarase un documento para continuar os traballos de cooperación institucional relativo o "marco xurídicos relacional entre cidades e portos" e a preparación da V Asemblea das Conferencia a celebrara en Nantes no mes de xullo de 2004.
A Conferencia de Cidades do Arco Atlántico é unha rede creada no año 2000 e que agrupa a 34 cidades de toda España, Portugal, Francia, Gran Bretaña e Irlanda. O obxectivo prioritario deste organismo é promover un desenvolvemento territorial equilibrado entre todas as rexións que integran a Europa Comunitaria, un reto que se intensificará aínda máis coa próxima incorporación dunha ducia de estado o Este.
A rede estructúrase en torno a cinco comisións: Desenvolvemento Económico; Desenvolvemento Urbano; Cultura e Patrimonio; Accesibilidade e Cidades Portuarias, esta última presidida polo Concello de Vigo e que está representado polo concelleiro José Manuel Iglesias.