A Xunta de Goberno acorda un convenio coa rede de mulleres contra os malos tratos
A Xunta de Goberno Local aprobou, na sesión celebrada hoxe, entre outros asuntos o desenvolvemento dun curso de caixeiros/as de gran superficie, a selección de persoas do proxecto de inserción laboral Alicerce, a sinatura de convenio coa Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo e a renovación do céspede do Estadio Municipal de Balaídos.
Nos próximo días asinarase o convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a empresa Alcampo para o desenvolvemento dun curso de caixeiro/a de gran superficie. Este convenio inclúese nos contidos que integran o Plan Municipal de emprego 2004-2007 nos programas de formación en empresas con compromiso de contratación.
A Xunta acordou tamén as bases para a captación e selección de persoas beneficiarias do proxecto Alicerce da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego. Os obxectivos principais deste proxecto son elaborar e implantar itinerarios de inserción laboral para a capacitación e especialización de persoas desempregas no sector de atención a persoas, así como formar e acompañar no deseño e posta en marcha de proxectos empresariais, e dinamizar e reforzar os servicios que actualmente se prestan a estes colectivos con especiais necesidades no Concello de Vigo. Estes obxectivos materialízanse nos itinerarios de mediación intercultural, de adiccións e conductas de risco, de lecer e tempo libre e de creación de empresas.
O Goberno aprobou a sinatura dun convenio de colaboración entre a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo e a Concellería da Muller para o apoio ó mantemento da rede de mediadoras. A rede traballa na prevención dos malos tratos, asiste ás mulleres maltratadas en todas as situacións que sexa necesario, difunde os valores de igualdade entre as persoas sen discriminación por razón de xénero, defende os dereitos e intereses das mulleres maltratadas.
Por último a Xunta de Goberno Local deu o visto bo ó proxecto de renovación do céspede do Estadio Municipal de Balaídos cun orzamento de 94.272,02 euros que se executará nun prazo de 90 días, unha vez remate a liga.