Escoitar

Remate do prazo de inscrición das escolas infantís municipais de Vigo

O próximo 5 de maio de 2004 remata o prazo de inscrición e entrega de documentación nas escolas infantís municipais de Vigo dependentes da Concellería de Educación para o novo alumnado, as listas provisionais publicaranse o 20 de maio no taboleiro de anuncios de cada escola e no do Concello de Vigo, e abrirase un prazo de reclamacións de 10 días.

venres, 30 abr 2004
ESCOLA MUNICIPAL INFANTIL DE LAVADORES "Sta. Cristina" :
Enderezo: Sta. Cristina, 1 (Lavadores)
Teléfono: 986280732
Vacantes:
Aula 0-1 anos: 8 prazas en turno de mañán e tarde.
Aula 1-2 anos: 3 prazas en turno de mañán e 7 prazas de tarde.
Aula 2-3 anos: 8 prazas en turno de mañán e 8 prazas de tarde.

ESCOLA MUNICIPAL INFANTIL DE TEIS "ATALAIA"
Enderezo: Avda. Dona Fermina, 9 (subida á Guía-Teis).
Teléfono: 986376503
Vacantes:
Aula 0-1 anos: 8 prazas en turno de mañán e tarde.
Aula 1-2 anos: 1 praza en turno de mañán e 5 prazas de tarde.
Aula 2-3 anos: 3 prazas en turno de mañán e 7 prazas de tarde.

ESCOLA MUNICIPAL INFANTIL DE CASCO VELLO "Sta. Marta"
Enderezo: Sta. Marta, 38 (Casco Vello)
Teléfono: 986442153
Vacantes:
Aula 0-1 anos: 8 prazas en turno de mañán e tarde.
Aula 1-2 anos: 7 prazas en turno de mañán e 7 prazas de tarde.
Aula 2-3 anos: 3 prazas en turno de mañán e 2 prazas de tarde.