xoves, 29 abril 2004

Obsequio municipal á Boda Real

xoves, 29 abr 2004

A Corporación Municipal acordou ofrecer como obsequio da cidade ao enlace matrimonial da S.A. o Príncipe Felipe e Dona Litizia Ortiz, unha camelias de 16 anos de idade da especie Oranda-Ko.

Xornada de portas abertas en Vigozoo<br />

xoves, 29 abr 2004

O concelleiro delegado de Vigozoo, José Manuel Couto, anunciou que o próximo sábado un de maio o zoolóxico abre as súas portas de maneira gratuíta para que os visitantes poidan coñecer as instalacións.

Inaugurada a exposición itinerante "Galiciadixital: conéctate ao camiño"

xoves, 29 abr 2004

A Casa das Artes de Vigo acolle dende hoxe unha mostra itinerante da exposición "Galiciadixital" que estará aberta ao público ata o 9 de maio en horario de 11.00 ás 14.00 horas e de de 18.00 ás 21.30 horas e que promove a consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en colaboración co Concello de Vigo e Telefónica, entidade patrocinadora do Xacobeo 2004.

VIII Festival dos Reencontros

xoves, 29 abr 2004

A Escola Municipal de Danza do Concello, un ano mais, celebrará unha actuación no auditorio municipal do concello con motivo do Festival dos Reencontros. O acto celebrarase o venres , 30 de abril ás 20 horas.