Inaugurada a exposición itinerante "Galiciadixital: conéctate ao camiño"
A Casa das Artes de Vigo acolle dende hoxe unha mostra itinerante da exposición "Galiciadixital" que estará aberta ao público ata o 9 de maio en horario de 11.00 ás 14.00 horas e de de 18.00 ás 21.30 horas e que promove a consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en colaboración co Concello de Vigo e Telefónica, entidade patrocinadora do Xacobeo 2004.
Os obxectivos marcados por esta exposición son, por unha parte, conseguir que os visitantes disfruten cunha experiencia nova e distinta á dos museos convencionais, ao achegarlles e darlles a coñecer a aplicación das novas tecnoloxías aplicadas ó mundo da cultura, así como servir de escaparate e ponte natural entre o traballo que están desenvolvendo as universidades e empresas galegas co resto da sociedade.
Calquera persoa que se achegue a esta exposición, poderá apreciar o uso das máis actuais e adiantadas técnicas de luz, son imaxe, imaxe 3D, cheiros, movementos, vibracións, mundos inmersos tridimensionais, e outras aplicadas ó mundo expositivo. Os visitantes poderán pilotar varios medios de transporte virtual, unha montaña rusa sobre a catedral de Santiago, unha viaxe submarina polas rías galegas, un voo supersónico sobre a xeografía galega, ou un brinco ó hiperespacio dun museo irreal, ou un museo baleiro, a través das seguintes salas:
1. Prazas de Compostela
2. Paseando imaxes
3. Museo baleiro
4. Sala Santi
5. Catedral románica en 3D
6. Ritos e lendas da catedral
7. Montaña rusa
8. Cidades do camiño
Esta mostra pensouse para que os seus visitantes no sexan simples espectadores, senón que participen en todo o seu percorrido guiado, o que fai que sexa unha mostra de grande interese didáctico para as persoas de todas as idades, colexios ou asociacións. Para unha mellor organización e para evitar agardas, é conveniente, no caso de grupos, que sinalen con antelación a súa visita ó teléfono 986220295.
Mostra "Galicia dixital"
Esta exposición itinerante, que percorrerá ata finais de ano nove cidades de Galicia, é unha réplica da exposición permanente GALICIADIXITAL, situada no Mosteiro de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela, dende decembro de 2000, e pola que pasaron cerca de 200.000 visitantes. Entre os seus alicientes destacan a contínua renovación dos contidos das súas salas con aportacións de empresas e universidades de empresas e universidades galegas, dándolle un carácter dinámico á mesma de investigación experimentación de novas tecnoloxías e audiovisual.