Escoitar

Xornada de portas abertas en Vigozoo<br />

O concelleiro delegado de Vigozoo, José Manuel Couto, anunciou que o próximo sábado un de maio o zoolóxico abre as súas portas de maneira gratuíta para que os visitantes poidan coñecer as instalacións.

xoves, 29 abr 2004
1083243061osos.jpg
Osos pardos de Vigozoo
Ese mesmo día ás 12 horas terá lugar unha ofrenda floral a Felix Rodríguez de la Fuente no monumento levantado na súa memoria , nos anos 80 ,nas dependencias do Zoo.

Por outra banda , o venres, 30 de abril, ás 9 horas, celebrarase Consello de Administración de Vigozoo , na sala da Comisión de Goberno, no que se presentará un estudio detallado do proxecto dos primates.

O concelleiro anunciou tamén o acordo alcanzado con Vitrasa para a ampliación do servicio da liña C9B a Vigozoo, os sábados, domingos e festivos. A ampliación do horario será efectiva desde o 1 de maio quedando do seguinte xeito:

Horario tempada de verán ( de abril a outubro)
Saídas de Colón: 10,18 horas; 11,18h; 12,18h; 13,18h; 14,18h, 15,18h; 16,18h; 17,18h; 18,18 horas. Saídas de VigoZoo: 10,50 horas; 11,50h; 12,50h;13,50h; 14,50h; 15,50h;16,50h; 17,50h;18,50 horas

Horario tempada de inverno / de novembro a marzo)
Saídas de Colón: 10,18 horas; 11,18h;12,18h;13,18h;14,18h;15,18;16,18h;17,18 horas. Saídas de VigoZoo: 10,50horas;11,50h;12,50h;13,50h;14,50h;15,50h;16,50h;17,50horas.
Descargar todas as imaxes