Escoitar

VIII Festival dos Reencontros

A Escola Municipal de Danza do Concello, un ano mais, celebrará unha actuación no auditorio municipal do concello con motivo do Festival dos Reencontros. O acto celebrarase o venres , 30 de abril ás 20 horas.

xoves, 29 abr 2004
1083238702reencontros.jpeg
Dende hai oito anos, o director da Escola Municipal de Danza, Polo, convoca a agrupacións de música e danza dirixidas por antigos alumnos da Escola , co obxectivo de compartir escenario e reencontrarse da mellor forma posible entre músicos e bailaríns: reencontrarse coas mellores galas, ó redor da música e danza tradicional galega.

No Festival actuarán o grupo de Danza do "Centro Cultural de Xinzo" (Ponteareas), directora: Nieves Represas; grupo de dúas parellas da Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo,director: Polo; grupo de pandereteiras "Corisco" de Vigo, director: Pablo González; grupo de Danza do "Centro Cultural Santa Columba" , directora: Mara Cabezas; coral Atlantida de Matamá de Vigo, director: Lucas Alonso.
Descargar todas as imaxes