Escoitar

O Concello realiza a limpeza e asfaltado nos camiños dos distritos 5 e 8

A concellería dos distritos 5 e 8 que dirixe Carlos Comesaña ven de realizar obras de limpeza en viais e asfaltado en camiños das diferentes barrios e parroquias.

mércores, 28 abr 2004
En Valadares procedeuse a limpeza xeral do todo o territorio en balados e cunetas e asfaltouse os camiños de Areosa, Valada, Lago e Pinal.

En Zamás realizáronse traballos de limpeza en todas as beirarrúas e se está procedendo o ensanche e firme dun camiño do Toural.

En Bembrive asfaltáronse os camiños de Nobelos, Revolta, Valadiña, Monte Vello, Seiróns, subida ó Penedo, segunda travesía da estrada de Bembrive.

Na zona de Beade estase a proceder á limpeza dos camiños da parroquia e aos traballos das obras de saneamento.

En Matamá asfaltouse o camiño de Besa e construíuse o centro de transformación no barrio de Balvís. Tamén se está levando a cabo traballos de limpeza nos camiños.

En Castrelos, Sárdoma e Freixeiro realizouse a limpeza nos camiños das devanditas zonas.