Escoitar

Vigo recibe o espectáculo "O Xacobeo da Mocidade"

O próximo venres, día 30 de abril a partir das nove da noite, o pavillón de As Travesas, acollerá o espectáculo "O Xacobeo da Mocidade". O concerto, de carácter gratuíto, presentouno hoxe o concelleiro de Cultura ,Ignacio López Chaves e Xerardo Rodríguez , coordinador de espectáculos do Xacobeo 2004.

martes, 27 abr 2004
1083070825xacobeo.jpg
Presentación do concerto
"O Xacobeo da Mocidade" é un espectáculo multimedia para todos os públicos, especialmente para aqueles que viviron máis intensamente a movida musical das dúas últimas décadas. 160 persoas , entre técnicos, músicos e artistas fan posible a volta musical a Galicia, a traveso de 25 anos de pop rock. Esta festas-show conten números circenses de animación multicultural, números de baile, videocreacións feitas especificamente polos alumnos de Belas Artes de Pontevedra, música electrónica e continua a cargo de coñecidos Djs, percusións africanas .

No concerto , cunha duración aproximada de catro horas, haberá tamén fusión do jazz, percusión e música disco a cargo do Dj.Vilou con Cuban Fusión; ritmo dos novos grupos Groovefathers de Lugo, Loom de Ferrol e Sugar Mountain de Pontevedra.

Como grupo invitado actuará Diamond Dogs, unha das bandas de rock máis importantes de Europa, procedentes de Suecia, e Tri Bus Band o maior grupo de pop-rock creado ata o de agora en Galicia. Esta banda está formada por 22 músicos, algúns deles pertencentes a vella "movida" e outros procedentes das novas formacións. Músicos emerxentes e veteranos, que fan posible a "Volta a Galicia en 25 anos de pop-rock", recreando os temas mais populares da historia da nosa música.
Descargar todas as imaxes