Mocións aprobadas no pleno
María Méndez Piñeiro e Amador Fernández Fernández, en nome do Grupo Municipal do BNG , presentaron para o seu debate e aprobación no Pleno da Corporación a moción relativa a reclamar do Ministerio de Fomento a titularidade da Avda. do Aeroporto e iniciar de inmediato os proxectos de mellora vial entre elas a dotación de rede semafórica e dunha redonda entre a Avda. San Cristovo e Avda. do Aeroporto.<br />
O pleno acordou aprobar unha moción presentada pola concelleira do BNG, Olaia Fernández Davila, na que se instar ao Goberno galego a pór en marcha un 'Plano de Viabilidade da Frota Conxeladora Galega' cos seguintes obxectivos: manter a actividade da frota e o número de buques operativos; garantir capturas que permitan a actividade frigorífica e de procesado na Galiza; defender e dignificar os postos de traballo, e incrementar a capacidade de decisión política de Galiza en materia de política pesqueira no seo da Unión Europea e de NAFO.
Pola súa banda, Amador Fernández Fernández, concelleiro do Grupo Municipal do B.N.G, propuxo iniciar de xeito inmediato as negociacións necesarias coa Xunta de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente-Augas de Galicia para anular totalmente o concurso que fixo que o Concello perdera a concesión , posibilitando a recuperación de novo do dominio total da conca hidráulica do Oitaven. Así como Iniciar de contactos con Topo 2000 S. L. para buscar unha solución extraxudicial e comunicar e facer participe das sentencias á Mancomunidade de Vigo, e solicitar o seu apoio.
Lois Pérez Castrillo, voceiro do Grupo Municipal do BNG , pediu que se convoque na data mais cercana posíbel o Consello Xeral do Plan Estratéxico, co fin de continuar os traballos de lanzamento do Plan "VIGO 2010", así como estudar os instrumentos técnicos e políticos que aseguren a súa xestión, xa que deben ser os protagonistas da súa elaboración os que decidan o momento e as formas de porse a traballar conxuntamente para a súa implementación.
O concelleiro Xabier Toba presentou unha moción instando á Alcaldía e ao concelleiro de Tráfico e Seguridade a adoptar medidas de vixiancia precisas para impedir a ocupación das areas de beirarrúa na zona do conservatorio de música na Florida, instando, se fose necesario, os mecanismo de protección que se necesiten.
Grupo Municipal de Democracia Progresista Galega presentou unha moción na que se pide realizar tódolos estudios oportunos e previsións para establecer un Plan Municipal de Emerxencias.