Escoitar

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local reunese o luns, día 26, un cuarto de hora despois de rematar o pleno que se celebra o mesmo día. Entre os asuntos que tratará a Xunta de Goberno figura a autorización de gasto en cumprimento do "Convenio asinado entre o Concello de Vigo e a Real Federación Galega de Atletismo para a reversión da cesión do dereito de superficie de uso das pistas de atletismo e instalacións anexas do polígono de Balaídos".

venres, 23 abr 2004
1.- Actas das sesións ordinarias do 5 e 12 de abril de 2004.

ALCALDÍA
2.- Proposta que presenta o Grupo Municipal de Democracia Progresista Galega sobre a costa viguesa.

BENESTAR SOCIAL
3.- Prestación do Servicio de Axuda no Fogar: alta do expte 14/3345.

DEPORTES
4.- Autorización de gasto en cumprimento do "Convenio asinado entre o Concello de Vigo e a Real Federación Galega de Atletismo para a reversión da cesión do dereito de superficie de uso das pistas de atletismo e instalacións anexas do polígono de Balaídos". Expte. 3541/333.

5.- Solicitude de autorización ó APA do CEIP Igrexa Valladares para a realización do Cross Escolar Igrexa Valladares o día 16.05.04. Expte. 4426/333.

FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
6.- Proxecto de modelo de contrato para a contratación das actividades e espectáculos das "Festas do Cristo da Victoria 2004". Expte. 973/335.

INTERVENCIÓN
7.- Xustificantes de libramentos.

INVESTIMENTOS
8.- Proxecto modificado do de subministración de auga ó Concello de Vigo conexión O Casal-Valladares e peche perimetral". Expte. 33632/250.

MEDIO AMBIENTE
9.- Melloras ó Proxecto de desodorización, nave de transferencia e pozo de lamas dixeridas na EDAR de Vigo. Expte. 2361/306.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
10.- Reclamación de danos:
a) Mª Luis Avendaño Méndez. Expte. 15514/240. Estimada.
b) Paula Martínez Fernández. Expte. 15328/240. Desestimada.

11.- Prórroga de contrato para a prestación do servicio de voz e datos (Trunking) para o Concello de Vigo adxudicado a Talleres Eléctricos Pontevedra S.A.. Expte. 1484/113.

12.- Prórroga do contrato do aluguer de maquinaria para o Concello de Vigo adxudicado a Sercoysa Galicia S.A. Exptes. 40110/250.

13.- Proposta da Mesa de Contratación en relación coa execución da sentencia do TSXG sobre a concesión de aparcamentos subterráneos nas rúa Urzáiz e Praza da Independencia. Expte. 11395/240.

PERSOAL
14.- Productividade por conducción de vehículo lixeiro a D. Alfonso Alonso Rodríguez (1º trimestre 2004). Expte. 2915/446.

15.- Dar conta de resolución de 16.04.04 do concelleiro de Persoal autorizando anulación reducción xornada por interese particular á funcionaria Dª Cristina Gómez García. Expte. 14999/220.

16.- Dar conta de resolución de 11.03.04 do concelleiro de Persoal relativa a reducción de xornada a D. Juan C. Gómez Moure por ter fillo menor de 9 meses. 14827/220.

17.- Complemento de productividade por conducir vehículo municipal a D. Juan Jesús García Alfonso, correspondente ó 4º trimestre do ano 2003. Expte. 15006/220.

18.- Complemento de productividade por toxicidade do persoal do servicio de Desinfección correspondente ó mes de marzo 2004. Expte. 15001/220.

19.- Complemento de productividade polos servicios de palista do persoal do Parque Móbil correspondente o mes de marzo 2004. Expte. 15002/220.

20.- Complemento de productividade do persoal do servicio de Cemiterios correspondente ó mes de marzo de 2004. Expte. 15003/220.

21.- Complemento de productividade por conducir un vehículo oficial do persoal do Servicio de Extinción de Incendios correspondente ó 1º trimestre do ano 2004. Expte. 15007/220.

22.- Complemento de productividade do persoal do Parque Móbil por manexar maquinaria pesada correspondente ó 1º trimestre de 2004.Expte. 15008/220.

23.- Complemento de productividade por conducir un vehículo oficial do persoal do servicio de Desinfección correspondente ó 1º trimestre de 2004. Expte. 15010/220.

24.- Gratificación por servicios especiais e extraordinarios do servicio de Cemiterios correspondente ó mes de marzo de 2004 por exceso de xornada anual. Expte. 15004/220.

25.- Gratificación por servicios especiais e extraordinarios do persoal da Policía Local por servicios prestados de Gran Gala no día da Reconquista. Expte. 15005/220.

26.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal municipal correspondente ó mes de marzo de 2004. Expte. 15018/220.

27.- Proposta de contratación dun/a oficial sepultureiro/a polo período de 4 meses. Expte. 15011/220.

28.- Proposta de solicitude de dictame ó Consello Consultivo de Galicia sobre a reclamación de Dª Mª Teresa Pallarés Crespo por danos producidos no IMD. Expte. 15024/220.

URBANISMO
29.- Devolución de fianza a D. José Malvar Construcciones S.A. constituídas para responder das obras do Recinto Feiral en Cotogrande e Ctra. de acceso a Cotogrande pola antiga Vía do Tranvía. Expte.952/400.

30.- Aprobación inicial da modificación do Estudio de Detalle na U.E. IV-07 Montecelo. Expte. 8492/411.

31.- Recepción definitiva das obras do Proxecto de Urbanización do Estudio de Detalle "O Casal" no PEMIE IV-01 Sampaio. Expte. 23611/250.

32.- Recepción definitiva das obras do Proxecto de Urbanización da U.E. II-07 Atlántida. Expte. 39195/250.

VIAS E OBRAS
33.- Devolución de fianza a favor de Oreco S.A.constituída para responder dos danos que puidera ocasionar o paso dun camión na rúa Príncipe. Expte. 37962/250.

XUVENTUDE
34.- Proxecto de convenio entre a Concellería de Xuventude e a Asociación Xuvenil Abertal para o desenvolvemento de actividades dentro do Programa "Noites Vivas". Expte. 1033/336.

35.- Rogos e preguntas