venres, 23 abr 2004
O concelleiro de Benestar Social, Ignacio López Chaces, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente de Cáritas de Vigo, Jaime Barracheguren, para a atención do pobo xitano e minoría cigana asentado en Vigo.
venres, 23 abr 2004
O Verbum acolleu, na mañá do venres, o acto de presentación da proposta de candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego_portugués á obra mestra da Unesco, realizada pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! de ámbito galego-portugués e integrada por centros educativos das dúas marxes do Miño. A Asociación propón aos gobernos español e portugués que presenten diante da UNESCO a candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués como candidatura multinacional avalada polos dous Estados para ser recoñecida como Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial.
venres, 23 abr 2004
Quero facer unha mención especial ó Día Mundial do Libro, que celebramos cada 23 de abril dende hai 10 anos, unha xornada que asocia a un cento de países e a millóns de persoas na promoción do libro e do dereito de autor. Unha xornada na que deberíamos aproveitar para reflexionar sobre as súas funcións insubstituíbles para a educación, a cultura e as ciencias do mundo.
venres, 23 abr 2004
Operarios do servicio de limpeza municipal procederon esta mañá a retirar algas da praia de Bouzas, segundo petición da concelleira de distrito de Coia , Marisol Polo.
venres, 23 abr 2004
A Xunta de Goberno Local reunese o luns, día 26, un cuarto de hora despois de rematar o pleno que se celebra o mesmo día. Entre os asuntos que tratará a Xunta de Goberno figura a autorización de gasto en cumprimento do "Convenio asinado entre o Concello de Vigo e a Real Federación Galega de Atletismo para a reversión da cesión do dereito de superficie de uso das pistas de atletismo e instalacións anexas do polígono de Balaídos".
<br />
venres, 23 abr 2004
A Xunta de Goberno local, na súa sesión do 12 de abril de 2004, aprobou o procedemento de selección do equipo técnico necesario para a posta en marcha, polo Concello de Vigo, do Programa Bial.
<br />
<br />
venres, 23 abr 2004
Estará en exposición pública durante o prazo de 15 días a partir da publicación deste anuncio en horario de 9 a 13,30 h. na oficina de Actividades Económicas e Industriais do Concello, a excepción dos sábados que se expondrá no Rexistro Xeral.
<br />
venres, 23 abr 2004
Comunícaselles a tódalas persoas interesadas que as bases da convocatoria de doce bolsas para a realización de prácticas nas oficinas e servicios de promoción turística están no Rexistro Xeral do Concello.
venres, 23 abr 2004
O luns, día 26, a partir das nove da mañá celebrase sesión ordinaria do pleno da Corporación Municipal cun orde do día de 30 asuntos.