Escoitar
<br />

Selección do equipo técnico para o desenvolvemento do programa Bial

A Xunta de Goberno local, na súa sesión do 12 de abril de 2004, aprobou o procedemento de selección do equipo técnico necesario para a posta en marcha, polo Concello de Vigo, do Programa Bial.

venres, 23 abr 2004
De acordo co citado procedemento convócanse as seguintes prazas para a presentación de candidaturas:

- 1 director/a técnico/a do programa Bial.
- 1 administrador/a do programa Bial.
- 1 responsable de obras do programa Bial.
- 1 titor/a para o programa Bial.
- 1 auxiliar administrativo/a para o programa Bial.

A duración das contratacións será de 1 ano, prorrogable ata o final do programa como máximo.

Os/as candidatos/as interesados/as presentarán a documentación necesaria para participar no proceso de selección no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, de 9.00 a 13.00 horas.

Documentación para entregar: Instancia na que se solicite participar no proceso de selección definindo o posto ao que opte, Currículo Vitae, orixinal ou fotocopia da vida laboral, fotocopia das acreditacións e do DNI (entregarase instancia, Currículo Vitae, orixinal ou fotocopia da vida laboral, fotocopia das acreditacións e do DNI por cada posto ó que opte).

O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días hábiles a partir da data de publicación deste anuncio.

O procedemento, perfís profesionais e baremo aplicable estarán expostos nas dependencias da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo (na 4ª planta do Concello) e na páxina web: http://emprego.vigo.org

Máis información nos teléfonos 986 810232/34