Convocatoria de bolsas para a realización de prácticas en oficinas e servicios de información turística
Comunícaselles a tódalas persoas interesadas que as bases da convocatoria de doce bolsas para a realización de prácticas nas oficinas e servicios de promoción turística están no Rexistro Xeral do Concello.
REQUISITOS:
Poderán optar ás bolsas:
-Os/as Técnicos Superiores en Información e Comercialización Turística e os/as Diplomados en Empresas e Actividades Turísticas, titulados con posterioridade ó ano 2.000 e nados con data posterior ó 31 de decembro de 1.977.
PERÍODO DE DURACIÓN DA BOLSA
Do 15 de xuño ó 15 de setembro de 2004.
A dotación económica da totalidade da bolsa será de 2250€ brutos polos tres meses.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello dentro dos 10 días hábiles seguintes á publicación deste anuncio. Poderán remitirse, así mesmo, ó Rexistro Xeral no prazo antes indicado, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro.
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude, currículum vitae e todos e cada un dos documentos esixidos na base 7ª da convocatoria. A comisión de avaliación non someterá a estudio aqueles méritos que non estean debidamente acreditados.
A decisión da comisión de avaliación publicarase no taboleiro de edictos do Concello.
Para máis información: 986-810199 / 986-810216.