As Noites Vivas experimentan co mundo gastronómico
Entre outras moitas actividades a realizar esta fin de semana cobran importancia as relativas coa cociña. O venres se pode acudir a tres lugares distintos para elaborar, por exemplo, cociña afrodisíaca, no Centro Xuvenil da rúa Uruguai, ou exquisiteces variadas e pratos sinxelos nas sedes de Camiño Vello en Coia ou o Centro Cívico de Teis. O sábado se pode aprender a facer repostería sen forno con só presentarse no centro Xuvenil a eso das 22:30 horas.
Hai actividades para todos os gustos nestas Noites Vivas de primavera, tendo sempre moi en conta ós deportistas, que desenvolven a meirande parte das súas afeccións no Pavillón do Berbés a ritmo de bailes de salón ou practicando musculación e squash, fútbol sala e coma novidade impartirase defensa persoal para mulleres, todo o venres a partires das 23:00 horas. Outro dos deportes a practicar, pero xa en Abertal e o sábado, é o patinaxe, para os iniciados e os non tan iniciados.
Se o que gusta son os obradoiros, tamén existe oferta en diferentes sitios, coma o espacio xove do Castro que dedicará dúas sesións, a do venres e a do sábado, a ensinar os trucos de elaboración das figuras de globoflexia. Ademais, no Centro Xuvenil farase un obradoiro de coiro o venres e outro de cestería o sábado. Para os que non poidan acudir ó primeiro, a A.V.V. Dr Fleming ofrece unha segunda oportunidade o sábado nos seus locais da rúa Zamora 80 e poder así facer algún cinto ou carteira con este material.
As actividades complétanse co cine que se proxecta os venres en Teis. Nesta ocasión será a película "EYENGUI" de José Manuel Novoa que ten como argumento o seguinte: No corazón da selva ecuatorial africana un grupo de pigmeos baká se enfronta á destrucción do seu mundo. Ancorados no neolítico, os baká nunca teñen saído da espesura. Soamente coñecen la selva, á que chaman EYENGUI.
Pódese seguir vendo máis cine o sábado en Abertal coa película "Al otro lado de la cama" onde ademais celebrarase un concerto de música o venres.
Permanecen dispoñibles en varias da sedes os accesos a internet, obradoiros libres e salas para ficar, ler, ou xogar.
Máis información na Casa da Xuventude ou 986 294 806
Descargar todas as imaxes