O Concello de Vigo asiste ó Salón Internacional de Turismo de Cataluña
A Concellería de Turismo, que dirixe a Concelleira Lucía Molares, estará presente dende o día 22 de abril no Salón Internacional de Turismo de Cataluña, que organiza a Fira de Barcelona ata o día 25 de abril.O Salón Internacional de Turismo ten como obxectivo prioritario potenciar a industria turística poñendo a disposición do mercado emisor catalán a maior información posible sobre programas e propostas de todo o mundo para as súas saídas de vacacións e de fin de semana.
Turismo de Vigo presentará a oferta turística viguesa no marco deste Salón porque Cataluña é un dos principais mercados emisores, non só do estado español, senón das rexións europeas, cunha recoñecida capacidade de consumo e cultura viaxeira. Segundo os datos ofrecidos pola Dirección Xeral de Turismo de Cataluña o mercado catalán supón o 40% do turismo emisor de toda España e o 30% das viaxes internacionais.
Galicia é a terceira comunidade na orde de preferencia dos cataláns, despois de Andalucia e a Comunidade Valenciana. Durante o pasado ano producíronse 275.000 viaxes á nosa comunidade autónoma, o que supón o 10,4% do total de viaxes realizados polos cataláns.
En canto ó motivo das viaxes, o 76% viaxa por ocio, o 16,6% para visitar amigos ou familiares e o 3% por cuestións de traballo. Outro dato importante é que os cataláns organizan principalmente as súas viaxes por vía directa e non a través de axencias de viaxe, polo que resulta especialmente importante que reciban a información sobre a oferta turística viguesa mediante a presencia da cidade no Salón.
O 50% dos visitantes ó Salón de Turismo organizan individualmente as súas viaxes e a porcentaxe de cataláns que organizan as súas viaxes directamente ascende ó 86,6%. O gasto medio diario dos cataláns nas súas viaxes ascende a 330,56€.
Por outra parte, é importante destacar que o Salón Internacional de Turismo na súa edición deste ano 2004, presenta novas seccións, nas que a cidade de Vigo ten interese en estar presente coa súa oferta, como é un novo apartado de Turismo náutico, no que Turismo de Vigo aproveitará para publicar a saída da Volvo Ocean Race do ano 2005.
Turismo de Vigo pretende promocionar un turismo de cidade, con ampla oferta cultural e actividades de ocio e aventura vencelladas á natureza, xa que segundo datos da Organización Mundial do Turismo (WTO) a experiencia cultural-ecolóxica é o principal motivo de desprazamento de vacacións. Por este motivo, o SITC é un punto de encontro indiscutible para sintonizar co público obxectivo que demanda este tipo de turismo.
O SITC constitúe, sen dúbida, un dos escaparates máis atractivos do sector turístico: 45.000 m2 de superficie, onde 1.350 expositores de todo o mundo presentan a súa oferta a máis de 200.000 viaxeiros, que organizan a partir deste foro as súas vacacións e escapadas de fin de semana. Estarán representadas 17 comunidades autónomas e 65 países estranxeiros –un 30% máis que na pasada edición-.
Permanecera aberto ata o vindeiro día 25 de abril, na Fira de Barcelona, sita na Avda. María Cristina, en horario de 10 a 20h.