Escoitar

Cursos da Concellería da Muller

A Concellería da Muller abre o prazo de inscrición para os cursos, de carácter gratuíto, "Orientacións para buscar emprego" e "Nós tamén en inglés".

mércores, 21 abr 2004
Os contidos do curso de busca de emprego son a elaboración de currículos e cartas de presentación; como abordar a entrevista de traballo de forma efectiva; a saúde laboral das mulleres; dereitos básicos das traballadoras; as accións positivas no eido laboral.

O curso está destinado a mulleres maiores de 30 anos, ten unha duración de 20 horas en horario de 17:00 a 19:30 h. e celebrarse os venres entre o 30 de abril ao 18 de xuño de 2004 no Centro Cívico de Teis, camiño Maceira, 2. VIGO

"NÓS TAMÉN EN INGLÉS"

Os obxectivos deste curso son aquirir os coñecementos básicos para desenvolverse en inglés no ámbito do lecer: viaxes, relacións sociais, atención telefónica...) e mellorar a nosa confianza á hora de viaxar e relacionarse con persoas doutras culturas.

O programa do curso está deseñado para que as asistentes participen activamente na clase, provocando situacións para expresarse en inglés. O traballo co texto compleméntase con audicións e vídeos que recollen situacións e conversas comúns.

O curso está destinado a mulleres maiores de 18 anos sen coñecementos previos de inglés.Duración: 18 horas. Horario: os luns de 18:00 a 20,30 h. Período: do 3 de maio ao 14 de xuño de 2004 e realizarase na Casa das Mulleres, rúa Romil, 20.

As inscricións para ámbolos dous cursos realizaranse do 23 ao 29 de abril, ambos inclusive, na oficina da muller, 1ª planta da Casa do Concello de Vigo, Tfno. 986 810284, en horario de 8:00 a 15:00 h.