O comité organizador da saída da Volvo Ocean Race aproba o Plan Director do evento
Estímase que o número final de participantes que tomarán parte dende o porto de Vigo estea entre 8 e 12 barcos. Prevense actuacións relacionadas coa dotación de infraestructuras náutico-deportivas e de mellora das comunicacións terrestres cos lugares de saída, ademais de incidir na difusión mundial do acontecemento deportivo.Na actualidade, xa hai 32 equipos preinscritos, de 16 países distintos, para participar na Volta ó Mundo.
O Comité Organizador da Galicia Port Race e da Galicia Start da Volvo Ocean Race 2005-2006, que partirá dende o porto de Vigo o vindeiro 12 de novembro de 2005, constituíuse hoxe coa presentación xeral do ambicioso proxecto da saída da regata internacional desde a comunidade autónoma galega, e a aprobación do primeiro avance do Plan Director da Galicia Port Race e da Galicia Start da Volvo Ocean Race, que é o documento que servirá de base para concretar as diversas actuacións que se acometerán con motivo do evento deportivo máis importante de cantos se teñen celebrado en Galicia.
Á reunión asistiu a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, os conselleiros de Deportes, Pilar Rojo; e de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo. Así mesmo, participaron os directores xerais de Turismo, Deporte e Política Financeira e do Tesouro, así como o presidente do Ente Público Portos de Galicia. Os demais membros do organismo organizador son os presidentes da Autoridade Portuaria de Vigo e A Coruña, Julio Pedrosa e Guillermo Grandío, respectivamente, así como os alcaldes de Sanxenxo e Baiona, e o concelleiro de Deportes de A Coruña. Tamén estiveron presentes os presidentes dos clubs náuticos de Vigo e Baiona.
O Plan Director da saída da Volvo Ocean Race recolle dende o marco xurídico ata o plan de infraestructuras deportivas proxectado con motivo da saída da regata dende Galicia, así como un plan de imaxe e comunicación, coa creación dunha identidade corporativa propia, identificada polo logotipo "NaveGa", e outras actuacións a desenvolver durante o próximo ano e medio. A finalidade última de tódalas actuacións previstas neste plan é a de promover e impulsar o sector náutico galego, ademais de acondicionar e preparar as infraestructuras e
servicios implicados na saída da Volvo Ocean Race dende Vigo, e da Galicia Port Race, a regata previa que sairá do porto de Sanxenxo e recorrerá as augas das Rías Baixas pasando por Baiona e Vigo.
Infraestructura deportiva
Coa finalidade de dar un impulso definitivo ó sector náutico galego, e máis concretamente á vela, e co fin de cubrir as importantes necesidades da regata oceánica, en canto a espacios e zonas de práctica deportiva, estase a poñer en marcha un ambicioso Plan de Infraestructuras que repercutirá positivamente no desenvolvemento de Galicia.
A saída da Volvo Ocean Race require determinadas instalacións e servicios, tanto para permitir a actividade dos equipos participantes (Race Village, dársenas, aparcadoiros) como para maximizar o impacto nos medios de comunicación mundiais. Así mesmo, o comité organizador adquire o compromiso de traballar para acondicionar e mellorar as vías de comunicación terrestres para facilitar o transporte aeroportuario de mercancías e de persoas.
Construiranse ou remodelaranse distintas instalacións deportivas náuticas nos portos vinculados ó evento.
O Plan Director recolle tamén o proxecto deportivo e informa sobre as inscricións, os equipos, os participantes e as súas necesidades. Entre as máis destacadas figuran as conexións de auga, teléfono ou electricidade, oficinas, amarres para as embarcacións participantes (en principio, quince de 23 x 6,5 metros) e auxiliares, prazas de estacionamento de vehículos para os organizadores, e espacio suficiente para o denominado "Race Village" (área próxima as embarcacións que servirá principalmente para carpas, casetas, almacenes e merchandising dos patrocinadores), entre outros.
Segundo os últimos datos, actualmente hai 32 equipos preinscritos para participar na Volta ó Mundo, que xa pagaron un depósito de 1.500 libras, e que están negociando con posibles patrocinadores para afrontar a regata. Os países con inscrición rexistrada son: Australia (3), Brasil, República Checa, Dinamarca, Francia (3), Alemania, Italia, Holanda (2), Nova Zelanda (2), Rusia, Singapur, España (3), Suecia (2), Reino Unido (5) e EE.UU. (5). Estímase que o número final de participantes que tomarán parte dende o porto de Vigo estea entre 8 e 12 barcos.
Identidade corporativa
Ó longo da reunión deuse a coñecer oficialmente a nova imaxe e identidade corporativa ligada á Galicia Port Race e a Galicia Start o Volvo Ocean Race 2005. A marca turística e deportiva "naveGa", identificada por unha vela que viaxa cara adiante, agrupará as diferentes actividades de promoción e organización do evento en Galicia, como o stand da Volvo Ocean Race nos salóns náuticos, congresos e feiras, os folletos e vídeos promocionais do evento, e a celebración dun sorteo extraordinario da Lotería Nacional e a emisión dun selo conmemorativo.