O pleno aproba o proxecto do Tribunal Económico Administrativo do Concello
A Corporación aprobou por unanimidade, en sesión plenaria, o proxecto de regulamento orgánico do Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo. O Tribunal será un órgano especializado para coñecemento e resolución das reclamacións sobre actos de xestión, liquidación, recadación e inspección de tributos e ingresos de dereito público, que sexan de competencia municipal.
O funcionamento do tribunal basearase en criterios de independencia técnica, celeridade e gratuidade e estará constituído por tres membros, designados polo Pleno, co voto favorable da maioría absoluta dos membros que legalmente o integren, de entre as persoas que reúnan os requisitos.
O pleno procedeu á aprobación inicial do tribunal sometendo a mesma a información pública mediante inserción de anuncio no BOP a efectos de que os interesados no prazo de 30 días hábiles efectúen as reclamacións e suxestións que consideren conveniente debéndose entender definitivamente aprobado o regulamento no suposto de que non se produciran.
Aeroporto
Aprobouse na sesión do hoxe unha moción da Xunta de Voceiros relativa ó recoñecemento público das persoas que, no seu día, posibilitaron a existencia do aeroporto de Peinador, así como a solicitude de posta en marcha do novo sistema antinéboa e axilización das fases do plan director do aeroporto
Os corporativos lembraron que o domingo 25 de abril cumpriuse o cincuenta aniversario do aeroporto de Peinador. Fai agora medio século que a iniciativa cidadá de carácter metropolitano dun grupo de vigueses con visión de futuro fixo posible que a cidade contara cunha infraestructura que, co tempo, contribuíu de forma decisiva a facer de Vigo o motor de Galicia que hoxe é. Ó chegar a esta data esta Corporación Municipal non pode menos que facer público o seu recoñecemento a aquelas persoas que puxeron o seu esforzo e tesón ó servicio dunha iniciativa que se revelou fundamental para o desenvolvemento da cidade. Eles son un bo exemplo de que cando o que está en xogo son os intereses de Vigo o importante é aunar esforzos.
A Corporación aproveita este aniversario para reclamar a urxente mellora das instalacións aeroportuarias, que cada vez máis son peza fundamental para garanti-lo avance da cidade. O Plan Director do Aeroporto continúa na súa meirande parte pendente de execución, sen que ata o de agora exista un compromiso orzamentario forte por parte da Administración Central que permita dar un pulo decisivo ó plan.
Chégase a este aniversario nun momento en que está enriba da mesa a posta en funcionamento do novo sistema antinéboa. Fai meses que o ILS II/III está instalado, pero aínda non reúne as garantías de seguridade necesarias para poder polo en servicio. Trátase dunha infraestructura vital para os intereses do aeroporto vigués, que nunha época de importante crecemento no seu tráfico de pasaxeiros ve con demasiada frecuencia como ten que desviar voos a outros aeroportos galegos.
Atopámonos nun momento decisivo na construcción e desenvolvemento da Área Metropolitana de Vigo, chamada a xogar un papel determinante na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O de Vigo é o único aeroporto do sur de Galiza e da súa capacidade de competir dependerá en boa parte que esta área sur sexa capaz de liderar un proxecto que marcará o camiño de futuro para Vigo e Galiza.
A Corporación entende que non pode permitir que o traballo feito fai medio século por aquel grupo de vigueses emprendedores e visionarios teña como triste recompensa un lento esmorecemento do aeroporto de Peinador. É por iso que esta Corporación Municipal, en defensa dos intereses de Vigo, reclama a urxente posta en marcha do novo sistema antinéboa e dirixirase á nova ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, para que axilice a execución das fases do Plan Director do Aeroporto.
O pleno aprobou tamén, vos votos en contra do BNG, o incremento da partida de productividade por dispoñibilidade da policía local. Asómesmo, acordouse estudio de detalle para fixar as aliñacións interiores, fondos edificables e as alturas de cornixa de cada fronte de rúa do cuarteirón do Plan Especial de Edificios a Conservar, definido polas rúas Lóriga, Ecuador, Finisterre e Venezuela.
Descargar todas as imaxes