Adhesión do Concello á Marcha Mundial das Mulleres
O Pleno da Corporación Municipal decidíu adherirse á mobilización europea da Marcha Mundial das mulleres que se celebrará en Vigo os días 22 e 23 de maio baixo o lema "Diferentes sí, desiguais non" cos obxectivos de loitar contra a pobreza e a violencia de xénero.
O pleno ,que se celebrou na mañá do luns , contou coa intervención da vicepresidenta da Consello Municipal da Muller, Aurita González, que expuso os motivos da mobilización e pediu a adhesión da Corporación á mesma.
O Xornal do Concello reproduce o texto íntegro da comparecencia.
"A marcha mundial das mulleres expón:
A Coordenadora Europea da Marcha Mundial das Mulleres decidiu celebrar na Galiza a mobilización europea do 2004. En concreto será a cidade de Vigo a que durante os días 22 e 23 de maio acolla todas as actividades desta mobilización, que van moito máis alá dun simple encontro de mulleres. As previsións sinalan que ao redor de 30000 mulleres procedentes de toda Europa estarán na nosa cidade baixo o lema da mobilización "Diferentes si, desiguais non".
Os obxectivos fundamentais da Marcha Mundial das Mulleres son loitar contra a violencia de xénero e contra a feminización da pobreza. A Coordenadora Galega ten participado activamente na Marcha Mundial das Mulleres, unha iniciativa xurdida en Quebec no ano 2000, e que supón unha redes feminista internacional que loita a prol dun mundo máis xusto, democrático, en paz e igualdade. Ante o gravísimo problema da violencia de xénero e da pobreza das mulleres,a Marcha Mundial considera necesario e urxente un cambio de estructura social que permite que milleiros de mulleres morran ano tras ano debido a violencia masculina ou á fame. Esa convicción é a que leva marcado as mobilizacións da marcha a nivel europeo, en Bruxelas, ou a nivel mundial, en Washington e Nova Iorque.
Agora tócanos ás mulleres galegas e especialmente ás mulleres de Vigo artellar e protagonizar unha iniciativa que non ten antecedentes nin no país nin na cidade. Ao redor de 30000 mulleres de toda Europa chegaran a Vigo porque, a pesar dos quilómetros que nos separan e das realidades diferentes que vivimos, compartimos soños, esperanzas e propostas para construir unha Europa diferente, máxime nun momento no que se está a debater a futura Constitución europea, a Carta Magna que sentará as bases do noso futuro.
As mulleres de Europa queremos unha Europa de todas. Queremos unha Constitución que recolla a plena equiparación de mulleres e homes na vida política, económica, social e cultural que garanta os dereitos sociais ea calidade de vida; que defenda e preserve os sistemas públicos de protección social, que permita a chegada e a integración das persoas inmigrantes, que deféndao dereito das mulleres a dispoñer do noso corpo e a elixir o noso modo de vida, a nosa sexualidade, a nosa orientación sexual. Unha europa da igualdade, a xustiza e a solidariedade.
¿Que vai ter lugar en Vigo?.-
A activa presencia das galegas na rede que confórmaa Marcha Mundial das Mulleres , foi determinante á hora de decidir que Vigo fose o escenario da mobilización europea.
Qué é o que vai acontecer os días 22 e 23 de maio na cidade? O programa deste encontro europeo abrangue iniciativas que combinan a reivindicación, a reflexión intelectual, o intercambio e debate de ideas e o aspecto lúdico-festivo, con forums, feira feminista, concertos e unha grande mobilización das mulleres de toda Europa que percorrerá as rúas da nosa cidade o día 23 de maio. É dicir, queremos visibilizar a nosa presencia e protagonismo no conxunto da sociedade e poñer enriba da mesa os principais problemas que nos afectan, pero tamén formular as nosas propostas e alternativas e amosar a enorme creatividade que posuímos."
Descargar todas as imaxes