Escoitar
O monográfico galego abrirá as súas portas do 1 ó 9 de maio e contará coa presencia dunha trintena de firmas automobilísticas

As marcas máis representativas do mercado español acudirán ó XIII Salón do Automóbil de Vigo

O Salón do Automóbil de Vigo mostrará na súa decimoterceira edición unha imaxe renovada e actual. A mostra que abrirá as súas portas do 1 ó 9 de maio no Instituto Feiral de Vigo (Cotogrande), acollerá a presencia dunha trintena de firmas automobilísticas nas que se atopan as máis representativas do mercado español. Porsche será este ano a firma protagonista xa que no marco do monográfico se mostrará unha exposición retrospectiva formada por unha vintena do seus modelos.

martes, 27 abr 2004
1083065104automovil.jpg
Presentación do Salón
Os 23 mil metros cadrados de superficie que ocupará o Salón de Vigo se completarán coa presencia das firmas máis representativas do mundo das dúas rodas e os complementos máis vangardistas da industria auxiliar. Unha proba de rally puntuable para o campionato galego desta especialidade e unha concentración de tuning serán os pratos fortes do calendario de actividades paralelas desta decimoterceira edición.

Entre o 1 o 9 de maio os visitantes do Salón do Automóbil terán a posibilidade de acceder á maior información sobre os modelos automobilísticos que recentemente incorporáronse ó mercado español ou que o farán en breve. Máis dunha trintena de firmas, entre as que se atopan Renault, Peugeot, Citroën, Seat, Audi, Volvo, Toyota e Volkswagen, acudirán este ano á cita. Entre as novidades do sector automobilístico cabe destacar a presencia en Vigo do Peugeot, 407, o Smart For-Four, o Mercedes SLK e o Volvo V50.

Mención especial merece o H1 da firma americana Hummer que acude ó Salón de Vigo e que por primeira vez se mostrará ao público en España. A firma Hummer está especializada na producción de vehículos todo terreno militares e o modelo H1 é unha versión para uso civil del jeep utilizado polo exército americano na Guerra do Golfo en 1991.

Seguindo na aposta pola espectacularidade, a organización prevé, en colaboración cos representantes de Porsche en Galicia, a exposición dunha mostra retrospectiva da firma alemana. Arredor dunha vintena de modelos expostos sobre unha superficie de 400 metros cadrados, mostrarán a evolución técnica e o deseño desta emblemática marca de automóbiles deportivos. Na exposición poderán admirarse dende un Porche 356 fabricado a finais da década dos 50 ata diversas evolucións do mítico 911 (Carreira, Turbo Targa, Biturbo,…); 924 S, 944 S2, 928 GTS, 968, etc.

O público que acuda ó recinto feiral de Cotogrande entre o 1 e o 9 de maio terá tamén a posibilidade de coñecer as novidades máis recentes en motocicletas. O mundo das dúas rodas estará representado por firmas como Yamaha, Kawasaki, Italjet, Derbi, etc.

Pola súa parte a industria auxiliar presentará os productos máis vangardistas e innovadores para potenciar as características técnicas, o deseño, a seguridade e o confort do automóbil. Máis dun centenar de productos se mostrarán na área destinada a este subsector industrial que avanzará o último en maquinaria de taller, son, sistemas de navegación, reumáticos, llantas, etc

As previsións da organización apuntan a que esta edición do monográfico do motor de Vigo reciba a visita de 200.000 persoas procedentes de toda Galicia, el norte de Portugal e as comunidades autónomas limítrofes.

Actividades Paralelas

O calendario de actividades paralelas comeza o primeiro día do Salón, 1 de maio, coa celebración do I Rally Salón del Automóbil de Vigo, proba puntuable para o campionato galego desta especialidade deportiva. Este rally desenvolverase por diversos municipios do sur da provincia de Pontevedra e terá a súa saída e meta no recinto feiral de Vigo. Nesta proba participarán arredor de cen automóbiles.

A fin de semana do 8 e 9 de maio o Salón acollerá unha concentración de tuning na que participarán vehículos procedentes de toda a península ibérica. A concentración de Tuning do Salón del Automóbil é xa unha tradición entre este colectivo de afeccionados á personalización de automóbiles.

O trial chegará ó Salón o domingo, 9 de maio, de man dos pilotos Albert Cabestany y Tony Bou, dous dos deportistas españois con maior proxección internacional nesta modalidade.

Finalmente, ó longo dos nove días do Salón, permanecerá aberto ó público un circuíto de slot para que os afeccionados a esta disciplina deportiva participen nun campionato.

Automóbil do Ano en Galicia

O criterio popular será o que determine un ano máis que vehículo dos presentes no certame, é merecedor de obter o galardón "Automóbil do Ano en Galicia 2004", premio que patrocina Caixanova e Atlántica Garantía. Todos os visitantes do Salón, poderán exercer de electores deste Premio depositando o seu voto nas urnas que o monográfico terá preparadas ao efecto. O voto do público determinará os vehículos que recibirán as súas distincións nas categorías de "Automóbil do Ano en Galicia", "Deportivo do Ano", "Todoterreno do Ano" e "Miltiusos do Ano".
1083065104automovil.jpg
1083065880auto.jpg
Descargar todas as imaxes