Escoitar

Foro da Sustentabilidade de Vigo<br />

O Concello de Vigo está a desenvolver a súa Axenda 21 Local, que é unha acción pública con base na participación cidadá, que persegue un desenvolvemento sustentable. Por este motivo , o mércores 28 de abril, terá lugar reunión do Foro da Sustentabilidade de Vigo, que se desenvolverá entre as 17:00 e as 21:00 horas no Auditorio do Recinto Feiral de Cotogrande.

martes, 27 abr 2004
A Axenda 21 Local está promovida desde a institución municipal, e pretende implicar á cidadanía na construcción conxunta do Vigo que queremos para o futuro. Por iso a participación é un eixe central na propia elaboración da Axenda 21 local. Con este sentido se deseñou un espacio de diálogo cívico denominado Foro da Sustentabilidade de Vigo, aberto ao conxunto da cidadanía viguesa, pero que quere implicar os colectivos ou ámbitos máis vivos e dinámicos do municipio.

O cometido do Foro é consensuar o diagnóstico do municipio en relación á sustentabilidade, e propoñer e debater propostas que conformen o Plan de Acción cara ao desenvolvemento sostible. Para iso o Foro desenvolverá diferentes reunións ao longo do ano 2004, algunhas das cales serán en plenario e outras en mesas temáticas centradas naquelas problemáticas que se consideren máis centrais.

Estimase que a participación do conxunto da cidadanía a través deste Foro constitúe unha das claves do éxito deste proxecto.