Escoitar

Exposición de Álvaro Negro na Fundación Laxeiro

Desde o 30 de abril e ata o vindeiro 18 de xullo, a Fundación Laxeiro expón na sala B da súa sede en Vigo, os últimos traballos do artista galego Álvaro Negro (Lalín, Pontevedra, 1973) que son o resultado das súas últimas experiencias, no Central Saint Martins College of Art and Design de Londres, durante o pasado ano.

venres, 30 abr 2004
1083317386alvar1.jpg
O que se pode ver na Fundación Laxeiro é un exemplo do estado actual da súa evolución: dúas vídeoproxeccións e tres caixas de luz nas que o artista toca de cheo a temática da luz e o seu comportamento temporal e espacial, propoñendo unha reflexión sobre a súa relación, tanto no proceso de creación da obra, como no proceso de observación da mesma.

Desde as súas primeiras exposicións, a finais dos anos noventa, Álvaro Negro foi explorando o "feito visual" nas súas diferentes manifestacións plásticas, ampliando as súas inquedanzas pictóricas para, case coincidindo co cambio de século, convivir con outras técnicas como a fotografía e o vídeo, soportes que lle permiten desenvolver o aspecto do seu discurso que ten que ver máis coa luz que coa cor.

Álvaro Negro é un dos artistas máis representativos da nova xeración de creadores en Galicia. Habitual participante en feiras como Arco, se deu a coñecer en 1999 coas súas primeiras exposicións individuais na Galería Rayuela de Madrid e en na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela para, xa nos anos 99 e 2000, facer unha primeira inflexión nas súas preocupacións estéticas, presentando as series Luzpin (Galería Marisa Marimón, Ourense) e Luzpincolour (Museo Ramón Mª Aller, Lalín, Pontevedra), nas que o artista comezaba xa a cuestionarse os mecanismos tradicionais da producción pictórica, para comezar a experimentar coa imaxe xerada dixitalmente e, en 2001, dentro do ciclo Miradas Virxes no Centro Torrente Ballester de Ferrol, centrar a súa preocupación no espacio arquitectónico e a súa interrelación coa obra de arte, desembocando, máis recentemente, xa en 2002 na presentación na Galería Fúcares de Almagro, Ciudad Real, na experiencia fotográfica presentada en interralación con obras pictóricas.

Con esta exposición, comisariada polo seu director Javier Pérez Buján, a Fundación Laxeiro volve incidir sobre os xoves creadores galegos. Unha aposta que, paralelamente ó seu compromiso coa obra do artista que lle da nome, forma parte da súa filosofía de programación.
1083317386alvar1.jpg
1083317424alvaro2.jpg
1083317437alvaro3.jpg
Descargar todas as imaxes