Escoitar

A Compañía de teatro Los Cafiolos de Bos Aires pon en escena a obra " F51.4 Macbeth "

Continúa as representacións do Festival Alternativo de Teatro e Danza coa posta en escena da obra "F51.4 Macbeth" da compañía Los Cafiolos , o sábado 8 de maio ás 21.30 horas no auditorio municipal.

venres, 7 mai 2004
1083934932cafiolos.jpeg
A producción é da propia compañía , adaptada e dirixida por Gabriel Molina. O vestiario é de Kenza Bennani, Marcelo Galván e a maquillaxe de Sonia Bosch. Os actores e actrices son Lucrecia Lomonaco, Marcelo Galván, Victoria Lozano, Angélica Briceño, Viviana Figueroa.

SIPNOSE :As imaxes sucédense sen anestesia…unhas meigas sensuais, eróticas, a súa pel apodrece, sentes asco. Macbeth abre a súa greta, os seus demos espertan, están aí…un home tenta de tragar todo nun só acto, tragalo todo e despois nada, matar dun só golpe…unha muller non pode escapar do seu mensaxeiro, afoga na bañeira…os corpos líxanse, están sucios, non dormen…un neno toca unha ferida fresca a cambio dun xoguete…Macbeth é unha metáfora das nosas gretas, dos nosos pantasmas, a ambición, a culpa, o medo…F51.4 Macbeth é un espectáculo inestábel no que a inquedanza atravesa ao espectador…os espectros están aí, na oscuridade. F51.4- Transtornos do sono. Terrores nocturnos: episodios recorrentes, espertares bruscos que comezan cun berro de anguria. Aparición durante o episodio do medo e sinais de activación de carácter intenso, taquicardia, taquipnea e sudoración. O individuo mostra falta de respostas aos esforzos dos demais polo tranquilizar. (DSM IV- Asoc. Mundial de Psiquiatría- Organización Mundial da Saúde )
Descargar todas as imaxes