Concello e Deputación colaboran na limpeza de viais e o asfaltado de camiños nas parroquias do rural
O Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra veñen de realizar actuacións de mellora en máis de 14 quilómetros de viais e camiños das parroquias de Bembrive e Valadares por un importe total de 273.500 euros. Acompañados do concelleiro dos distritos 5 e 8, Carlos Comesaña, a alcaldesa de Vigo, Corina Porro e mailo presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, visitaron hoxe as zonas destas parroquias onde se actuou recentemente.
En Bembrive, asfaltáronse os camiños de Novelos, Montevello e Cabadiñas, o camiño da Revolta, Seiróns, a subida o Castelo e a 4ª travesía de Bembrive. En total, 7 quilómetros de viais, nos que se procedeu tamén á súa limpeza
Na parroquia de Valadares prodeceuse a limpeza xeral de todo o territorio en balados e cunetas, e asfaltáronse un total de 7 quilómetros nos camiños de Areosa, Lago, Colexio Sobreira, o camiño da Valada, o de Pinal e o das Manquías do Pinal. Nestes dous últimos está pendente o asfaltado. En Matamá, rematouse o asfaltado do Camiño da Dehesa.
As vindeiras actuacións do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra dirixiranse ao asfaltado e a limpeza do camiño da Revolta e de Juan Bastos, en Matamá, do camiño do Laranxo en Valadares, do Toural en Zamáns e outras actuacións nas parroquias de Cabral, Castrelos, Coia, Beade e Sárdoma. En total, asfaltaranse outros 14 quilómetros de viais.
Por outra banda, o Concello e a Entidade Local Menor de Bembrive veñen de asinar dous convenios de colaboración coa Deputación Provincial, a través dos cales o organismo provincial aportará 2.143.000 euros para acometer diversas obras de infraestructura, equipamentos e servicios na cidade.